A Valedora do Pobo require por terceira vez ao Concello de Ponteareas para que explique por que non contesta ás alegacións presentadas por ADENCO ao PXOM

E10CiCOiUOGDezO Grupo Ecoloxista ADENCO presentou en decembro do 2013, dentro do prazo establecido, alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal que se aprobou no pleno municipal de comezos deste ano. As alegacións indicaban que o PXOM se constrúe sobre bases erróneas, con datos incorrectos e infundados, sen contar con previsións do Instituto Galego de Estatística ou do Instituto Español de Estadística. Así, as previsións de crecemento e as infraestruturas asociadas son incoherentes, ademais de prever unha circunvalación atravesando a Rede Natura 2000 no río Uma.

Pese a solicitalo por escrito e pese ao indicado polo goberno municipal, a comezos de marzo, cando o alcalde e a concelleira de urbanismo anunciaban que se comezaba o proceso de contestación das alegacións presentadas, aínda que o PXOM xa se aprobara inicialmente sen contestalas, a día de hoxe o Grupo Ecoloxista Adenco aínda non recibiu ningunha resposta.

Así, Adenco denunciou ante a Valedora do Pobo esta situación e desde este organismo veñen de requirir ao Concello por terceira vez.

Onde está a transparencia e a información?

Desde o Grupo Ecoloxista ADENCO queremos denunciar esta situación, que consideramos lamentable e triste. Desde a administración local vense repetindo unha situación de ocultación de información constante. Ademais, non se contesta, de xeito sistemático, ás solicitudes de información que presentamos e non se pode coñecer de xeito público as actas das xuntas de goberno local. Ademais, hai semanas nas que nin sequera se publica a orde do día destas reunións do goberno municipal.

Desde ADENCO esperamos que esta situación cambie, que o Concello explique por que non se contesta ás alegacións e non apareza como un concello opaco, que non colabora coa Valedora do Pobo e que non difunde a información, inclumprindo a normativa de acceso á información ambiental e obviando o movemento de transparencia nas administracións públicas dos últimos tempos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s