A “Asamblea General de las Naciones Unidas” proclamou o 22 de maio como Día Internacional da Diversidade Biolóxica, co propósito de informar e concienciar á poboación e os Estados sobre as cuestións relativas á biodiversidade.
Dende o Grupo Naturalista Hábitat mostramos o noso apoio a esta iniciativa organizando un roteiro interpretativo entre as 10:30h e as 13:30h (Punto de encontro) na contorna da Torre de Hércules, emblema da cidade, para amosar os valores ambientais que dita zona posúe e concienciar sobre a súa protección e conservación.
Acompañados por expertos naturalistas, coñeceremos moitas das aves, réptiles, mamíferos, insectos e plantas que habitan nos arredores do monumento,. Nun estudo previo realizado polos membros do G. N. Hábitat na contorna da Torre, identificamos 106 especies de plantas, 57 de vertebrados e 27 de invertebrados. Estes números dan boa proba do valor ambiental desa zona, e son motivo mais que suficiente para protexela e coidala.
A actividade é de balde e aberta ao publico. Aínda así, e para acadar un bo densenvolvemento da mesma, as prazas son limitadas, solicitándose no seguinte formulario.
Solicitude de praza
A data limite de reserva de praza son as 14h do sábado 21 de maio de 2016.
O feito de cubrir o formulario non asegura a praza na actividade. As prazas serán confirmadas por parte do G. N. Hábitat. A asignación das mesmas será en rigoroso orde de inscrición.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. No caso de non poder acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Anímate e ven connosco!