O pasado sábado 17 de xuño ás 10h na praia de Baltar, en Portonovo, déronse cita un grupo de voluntarios do Colectivo Ecoloxistado Salnés para arrincar exemplares de Herba da Pampa , unha planta exóticas invasoras que están a desplazar a flora (e fauna) propia do lugar.
Comentar que esta actividade contou coa pertinente autorización do Servicio de Costas. Así mesmo, o Concello de Sanxenxo colaborou co CES facéndose cargo do traslado e xestión das plantas extraídas así como aportando luvas e material de traballo.
Dende o CES levamos máis de 10 anos insistido ao Servizo de Costas para que rexenere todo o espazo dunar secundario de Baltar. Hai 10 anos, a zona máis próxima a Portonovo da duna foi aplanada e recuberta de xabre para facer alí as festas. Despois de moitas reivindicacións do CES, comezouse a rexenerar no ano 2007 por parte do Servizo de Costas. Dita rexeneración consistiu en botar area na zona e darlle certa forma dunar. Pero o paso seguinte, que sería replantar con especies de duna secundaria, que axudaría a unha máis pronta recuperación da paisaxe dunar, máis nunca se chegou a facer.
Mentres tanto, na devandita zona foron aparecendo plantas dunares espontáneamente que con éxito a van colonizando e asentando cada vez máis. Sen embargo tamén están a medrar exemplares de Herba da Pampa , coñecida como tamén como plumóns (co nome científico de Cortaderia selloana). Esta planta está catalogada como unha das EEI (especies exóticas invasoras) máis perigosas para a flora endémica de Galicia e España. Unha vez que medra o suficiente, bota gran cantidade de sementes e rizomas que fan moi difícil a súa erradicación,. Ademais, debido a que a zona aínda está pouco colonizada por outras plantas, a expansión da Herba da Pampa pode ser aquí moi rápida.
Un plan de control desta especie precisa de varias e sucesivas campañas para intentar controlar o espallamento destas plantas. Nesta materia a Administración pouco está a facer, e por ilo os voluntarios do CES xa leva organizado tres campañas en Baltar similares ás de hoxe, como unha actividade de voluntariado pero tamén reivindicativa, decidindo retiralas nós memos e reclamando a necesidade do coidado e rexeneración completa da duna en Baltar.
Destacar que se seguiu o protocolo de eliminación de EEI, intentando facelo co máximo coidado posible, para non pisotear as plantas propias das dunas e coas máximas medidas de control na súa eliminación (do que se fai cargo o Concello).
Durante a xornada de hoxe, na que se arrincaron 30 exemplares de herba da pampa, estiveron presentes a concellala e a técnica da área de Medio Ambiente do Concello. Con elas conversouse sobre a problemática dos danos por desbroces na zona dunar de Baltar, valorándose outras alternativas á corta menos agresivas coa fora dunar.