ADENCO presenta nova documentación en relación cos expedientes sancionadores e os impactos ambientais da “senda do Tea”

12525688_10205833160692579_3221254202385439336_oO Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado esta semana sendos escritos perante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Consellería de Medio Ambiente en relación cos expedientes sancionadores e os impactos ambientais da senda do Tea neste espazo incluído na Rede Natura 2000.

O primeiro dos escritos enviouse á Confederación Hidrográfica Miño-Sil en relación co expediente sancionador aberto polo incumprimento das condicións particulares na execución do proxecto da senda fluvial que vai desde A Freixa ate Padróns (Ponteareas). Esta obra tivo como promotor ao propio concello ponteareá e provocou múltiples impactos no medio e no patrimonio como o xa recoñecido pola administración no Castro da Croa. ADENCO ten presentado neste novo escrito unha relación de impactos non contemplados no expediente e unha galería fotográfica dos mesmos.

Por outra banda, O Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado perante a Consellería de Medio Ambiente unha batería de preguntas en relación co imcumprimento das condicións establecidas para esta senda pola citada Administración, concretamente a que establece que “no referente á creación da senda con xabre, indicar que este non se utilizará nas zonas inundables para evitar que o arrastren as crecidas”. Como se pode comprobar facilmente e como ten denunciado ADENCO en repetidas ocasións, a senda conta con xabre nas zonas inundables, o que ocasionou que este elemento rematase no río afectando ao Medio e despilfarrando centos de miles de euros. O propio Servizo de Conservación da Natureza ten recoñecido a necesidade de retirar a senda construída nas beiras do Tea e recuperar o sendeiro natural preexistente, retirando para elo o xabre existente entre a senda e o río para evitar novos aportes ao curso fluvial. (Xúntase o documento)

Desde hai anos, o Grupo Ecoloxista ADENCO vén denunciando o impacto destas obras sobre o espazo protexido dentro da Rede Natura 2000 Río Tea, debido á construción dunha senda fluvial quilométrica, entre Ponteareas e Mondariz. ADENCO continuará denunciando os feito, reclamando a asunción de responsabilidades e a restauración do espazo ao seu estado anterior.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s