Case un cento de persoas reclaman a posta en valor do patrimonio do monte do Salgueirón

Ao roteiro desenvolvido este sábado 1 de outubro pola serra do Galleiro, organizado por diferentes colectivos de Mos e Ponteareas, asistiron case un cento de participantes que reclamaron a posta en valor do patrimonio do monte.

A Asociación de Veciños de Ribadetea (Ponteareas), a Comunidade de Montes de Louredo (Mos), a Asociación Cultural Festa da Prehistoria (Mos), a Agrupación A Cividade (Mos) e o Grupo Ecoloxista ADENCO impulsaron a I Xornada de Irmanamento entre os dous concellos, no que a serra do Galleiro fai de límite xeográfico e que conta cun rico e amplo patrimonio. Este irmanamento xurdiu a partir de que unha mámoa situada no monte do Salgueirón, entre os Concellos de Mos e Ponteareas, se vise afectada hai dous anos por unha proba deportiva que abriu un camiño en pleno corazón do xacemento.

Os diferentes colectivos buscaron a colaboración municipal de ambos concellos, pero non a atoparon e decidiron, no manifesto que se leu no xacemento neolítico, solicitarlle á Xunta a posta en valor do xacemento, con actuacións de sinalización e delimitación, para evitar novos impactos, porque “o que non se coñece, non se protexe”.

unha-imaxe-do-roteiro

Carácter anual

As organizacións convocantes, ante a boa resposta dos asistentes, e ante o moito que queda por traballar para pór en valor o patrimonio dos dous lados da serra, decidiron darlle continuidade a esta actividade, promovendo unha xornada de irmanamento cada ano.

A mámoa do Salgueirón é un lugar de enterramento prehistórico, con máis de catro mil anos de existencia, formado por grandes lousas colocadas en forma de arca, onde se depositaban os corpos dos defuntos e que logo se cubría dunha coiraza de terra e de pedras, e que neste caso amosa a particularidade de estar totalmente cuberta de seixos brancos, moi abondosos na zona.

Asinado

Asociación de Veciños de Ribadetea (Ponteareas),

Comunidade de Montes de Louredo (Mos),

Asociación Cultural Festa da Prehistoria (Mos),

Agrupación A Cividade (Louredo – Mos) e

Grupo Ecoloxista ADENCO (Ponteareas)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s