A APDR oponse á cesión do Pazo de Lourizán a ENCE

tg_carrusel_centralUnha das inversións propostas pola empresa ENCE no mal chamado “pacto ambiental” asinado coa Xunta de Galicia, ten coma obxectivo a construción dun centro de I+D forestal; e tanto ENCE como a Xunta pretenden a súa instalación no Pazo de Lourizán, un inmóbel situado na finca de Montero Ríos que forma parte do patrimonio histórico do pobo galego e que na actualidade depende da Deputación Provincial.

Co pretexto de investir na súa recuperación, a empresa ENCE pretende conseguir a cesión do citado Pazo (un inmóbel que, en efecto, atópase nun estado de abandono e precisa dunha evidente restauración) para –na práctica- facerse cunhas excelentes instalacións a prezo de saldo e sen ningún tipo de control público sobre a investigación que se poida desenvolver no mesmo. Tal e como consta no citado Pacto ENCE-Xunta, a empresa ENCE xestionará en todo momento o citado centro de I+D, unha esixencia que desde a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) entendemos inadmisíbel pero que o goberno galego ten aceptado deixando clara máis unha vez a súa total submisión aos intereses da empresa pasteira.

Porén, atópanse Xunta e ENCE cun atranco que pode dar ao traste cos seus plans; no momento actual, o Pazo de Lourizán está cedido pola Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia que –como contrapartida- debería ter acometido a súa restauración; e este contrato de cesión remata no ano 2021, polo que a Xunta de Galicia pretende –así o ten expresado o seu Vicepresidente Alfonso Rueda- “consensuar” este proxecto de ENCE co ente provincial. Neste sentido, desde a APDR animamos á Presidenta da Deputación e ao goberno provincial a non ceder ás presións da Xunta de Galicia, a opoñerse ao proxecto da empresa ENCE para o citado inmóbel (mesmo rescindindo o convenio asinado no seu día co goberno galego) e a esixir da Xunta de Galicia a restauración e mantemento do Pazo de Montero Ríos con cartos públicos e garantindo en todo momento o seu uso exclusivamente público.

Desde a APDR queremos denunciar máis unha vez a política propagandística de ENCE, unha política enganosa coa que pretende ocultar a súa verdadeira cara e minimizar os danos ambientais e sociais que segue a provocar na comarca e o rexeitamento social existente na mesma mercando o silencio mediante esmolas; e queremos expresar tamén o noso total rexeitamento á cesión do Pazo de Montero Ríos á empresa ENCE, unha empresa que hai tempo debera ter abandonado o seu emprazamento e que ten unha responsabilidade fundamental na situación ambiental da nosa Ría e na calidade das súas augas e dos recursos marisqueiros, pesqueiros e turísticos; que destrúe os nosos montes (inzados hoxe de eucaliptos e outras especies pirófitas en beneficio de ENCE) e que impide a creación de emprego de calidade derivados da explotación racional de todos estes recursos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s