A Valedora do Pobo inicia un expediente contra os Concellos de Mos e Ponteareas pola desprotección da mámoa do Alto Marco

mamoa_alto_do_marco-001

Varios colectivos dos concellos de Mos e Ponteareas presentaron hai uns días unha queixa ante a Valedora do Pobo logo da inacción das administracións dos Concellos de Mos e Ponteareas para pór en valor, protexer e difundir a Mámoa do Alto do Marco, no monte que separa aos dous concellos.

A Asociación de Veciños de Ribadetea (Ponteareas), a Comunidade de Montes de Louredo (Mos), a Asociación Cultural Festa da Prehistoria (Mos), a Agrupación A Cividade (Louredo – Mos) e o Grupo Ecoloxista ADENCO tiveron varias reunións o pasado ano 2015 co Concello de Ponteareas para transmitirlle a súa preocupación sobre este elemento do noso patrimonio, situado no monte Salgueirón, entre os Concellos de Mos e Ponteareas, lugar que se viu afectado hai dous anos por unha proba deportiva que abriu un camiño en pleno corazón do xacemento. Pola súa banda, o  Concello de Mos nin tan sequera respostou ás repetidas solicitudes de reunión.

Os diferentes colectivos buscaron a colaboración local, pero non a atoparon. Así, decidiron solicitarlle á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta a posta en valor do xacemento, con actuacións de sinalización e delimitación da mámoa, para evitar novos impactos, porque “o que non se coñece, non se protexe”. Ademais, esta mesma solicitude que foi remitida aos dous concellos no seu día, sen ningún tipo de resposta, volveu a presentarse a semana pasada.

Os colectivos asinates demandan primeiramente o balizamento urxente do perímetro do túmulo megalítico e a súa sinalización. Este sería o primeiro paso mentres non se prepara un proxecto máis amplo de estudo e posta en valor do xacemento, que non ten por qué ser inmediato pero consideran necesario para que a sociedade sexa consciente da importancia deste exemplo do patrimonio común dos dous concellos. Se ben a mámoa está no concello de Ponteareas, a súa zona de protección entra nos límites mosenses, que é por onde se produce o acceso de vehículos a través dun cortalumes que fixo desaparecer outra mámoa nos anos 50/60.

Falta de contestación e admisión da queixa a trámite

Pese a todo o anterior, nin a administración local nin a Xunta contestaron a ningún dos escritos remitidos, esquecendo as súas funcións, que obriga aos Concellos a protexer o patrimonio físico. Así, a Valedora do Pobo vén de admitir a trámite a queixa e vén de remitirlle sendos escritos reclamando información ás administracións locais, para coñecer o motivo da deixación de funcións en canto á non protección deste elemento patrimonial.

Ademais, e por último, a Valedora do Pobo continúa tramitando queixas de colectivos sociais preocupados pola protección do noso patrimonio físico, continuamente esquecido, abandonado, descoidado e agredido. Como neste caso, a mámoa do Alto do Marco podería ser un elemento que difundise outros valores e potencialidades do noso monte, mais pasa desapercibido e sofre continuas agresións.

Asinado

Asociación de Veciños de Ribadetea (Ponteareas)

Comunidade de Montes de Louredo (Mos)

Asociación Cultural Festa da Prehistoria (Mos)

Agrupación A Cividade (Louredo – Mos)

Grupo Ecoloxista ADENCO (Ponteareas)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s