Xornada de voluntariado ambiental para a recollida de sementes de plantas dunares

Xornada de recollida de sementes , para posterior restauración dunar no marco dun proxecto para creación de cinco microrreservas de flora no concello de Fisterra.

sementes-fisterra

O Concello de Fisterra ven de recibir unha axuda da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de flora, como mecanismo para a conservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario, fomentando a participación activa da poboación local, adicando un esforzo especial no segmento máis novo (centros de ensino).

As Microreservas de Flora propostas polo Concello de Fisterra, pretenden ser un modelo pioneiro de actuacións que sirva de referencia para futuros proxectos no ámbito litoral da Rede Natura 2000 na Galiza costeira. As actuacións están dirixidas de forma preferente a preservar hábitats prioritarios ou de interese comunitario e contempla varias liñas de actuación.

Inclúen o balizado e delimitación sempre permeable e estético, das microrreservas, a instalación de sinaléctica informativa, o plantado de sebes vivas en zonas lindeiras con camiños rurais, a mellora do medio abiótico sobre o que se sitúan os hábitats (p.e., corrección de perfis dunares con Ammophila arenaria de procedencia local), a mellora das condicións bióticas mediante eliminación de especies alóctonas invasoras ou o potenciado da presenza de especies prioritarias, ameazadas ou de interese, así como dos seus habitats, con recollida de semente e replantado, restaurando comunidades altamente biodiversas.

En todas estas actuaccións o papel da poboación local será fundamental, implicándoa na preservación e coñecemento dos valores da rede natura 2000 das súas parroquias, coa posibilidade de participar na mellora do hábitats, na eliminación de invasoras, nas experiencias de identificación e catalogación de especies e hábitats (bioblitzs) e nas valoracións e adecuacións dos roteiros ambientais que se proporán para ligar entre sí as diversas microrreservas. Ao involucar á poboación local nas actividades de voluntariado ambiental a desenvolver está a fomentarse a conservación do lugar facendo partícipes do mesmo aos usuarios máis vencellados ao territorio.

A iniciativa desenvolverase entre decembro de 2016 e xuño de 2017. Entre as primeiras actuacións, destacamos dúas Xornadas de voluntariado Ambiental, a desenvolver os dias  5 e 7 de decembro, centradas na eliminación de Especies Exóticas Invasoras (día 5) e na restauración e revexetación das microrreservas (día 7) respectivamente.

A primeira actividade está aberta ao público xeral e a segunda destinada a un público mais técnico con coñecementos botánicos.  Nas distintas actividades a realizar, participará activamente a asociación ecoloxista ADEGA, entidade con ampla experiencia no eido da Educación e o Voluntariado ambiental, da man dos membros do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela BCPV (GI-1291) “Biodiversidade e Conservación de Plantas Vasculares” liderado polo dr. Santiago Ortiz.

As actividades son gratuítas e o voluntariado contará con seguro de accidentes e terá os gastos cubertos.

Inscricións e contacto: Se queres participar na xornada de recollida de sementes do día 7, contacta con: viqui@adega.gal Tlf.981570099/ 650261283

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s