ADENCO considera inadmisible a utilización de pavimento con vidro na “restauración” da senda do Tea

12525688_10205833160692579_3221254202385439336_oXa van tres anos de loita por parte do colectivo ecoloxista ADENCO contra a irracionalidade das actuacións vinculadas coas sendas fluviais realizadas nas beiras do espazo protexido río Tea. Neste tempo o río ten dado a razón ao grupo ecoloxista en varias ocasións provocando a achega de centos de toneladas de xabre e de madeiras ao curso fluvial e o malgasto de centos de miles de euros que só serviron para afectar ao espazo protexido. A senda transcorre polas áreas inundables do río polo que estes impactos eran facilmente previsibles.

.

Tras múltiples procesos, agora as administracións implicadas deciden, por fin, eliminar varios treitos da senda. Entre eles o que afectaba ao Castro da Croa e polo que o concello de Ponteareas foi sancionado tras a denuncia do Grupo Ecoloxista. Así consta na autorización da “restauración” da senda que ADENCO acaba de coñecer recentemente. Nese documento a propia administración recoñece o uso anterior de cemento na senda, un aspecto denunciado por ADENCO no seu momento. Nin a utilización de cemento puido parar ao río e agora as administracións implicadas pretenden nalgúns treitos da senda dar un paso máis aló.

“Restauración ecolóxica”

Así, a “restauración” contempla un elemento ao que ADENCO se opón de xeito frontal, a utilización de pavimento con vidro nalgúns treitos da senda. Este feito afectará novamente ao hábitat prioritario da Rede Natura 2000 os bosques aluviais de amieiros e freixos, unha das principais motivacións de que o Tea sexa un espazo protexido. ADENCO considera ademais que esta actuación só servirá para adiar a acción do río que, nas áreas inundables, voltará reclamar o que é seu.

Como ten feito nos últimos tres anos, o Grupo Ecoloxista continuará a defender o espazo protexido das agresións provocadas pola acción da Administración Pública e a demandar responsabilidades polos impactos e o malgasto de recursos económicos realizados polos xestores públicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s