O vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 20h comezamos as actividades de divulgación 2017 cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión contaremos coa compañía de Damián Romay e Daniel Monteagudo, recoñecidos ornitólogos e compañeiros de Hábitat que virán a falarnos das diferentes subespecies de picafollas que se atopan en Galicia, aprendendo a recoñecelas e diferencialas.
A xornada é de balde e aberta ao público. Así todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario:
Acceso ao formulario de inscrición
As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
- Descarga o cartel da xornada (formato pdf)