Encontros Naturalistas_xuño 2017: Que fago se atopo un animal ferido?

Neste mes de xuño continuamos cos nosos Encontros Naturalistas, aproveitando para aprender que debemos facer se nos atopamos un animal ferido na nosa contorna. O relatorio virá a cargo do compañeiro e colaborador de Hábitat Pablo R. González Novoa, Biólogo e Técnico de Centros de Recuperación de Fauna Silvestre. Actualmente traballa no Centro de Interpretación de Avifauna, onde participa en programas de conservación de diferentes especies, destacando o da Pita do Monte (Tetrao urogallus). 

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves 29 de xuño ás 20:30h no noso local social. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s