A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador a Unión Fenosa por actuacións no río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido notificación da apertura dun novo expediente sancionador vinculado con actuacións no río Tea. Nesta ocasión, despois da denuncia de ADENCO, a  Confederación Hidrográfica Miño-Sil decidiu a apertura dun expediente sancionador a Unión Fenosa por incumprimento das condicións que tiña autorizadas na poda e corta de vexetación para o mantemento dunha liña eléctrica que cruza o espazo protexido.

Deste xeito, a Confederación sinala na notificación que se realizaron varios incumprimentos. Concretamente, pasouse con maquinaria sobre o cauce do río provocando o movemento do leito e a erosión do talude. Non se retiraron os restos do traballo de poda e ademais cortáronse árbores como amieiros e salgueiros en dominio público hidráulico. ADENCO lembra que na área de actuación existe unha poboación de mexillón de río (Margaritifera margaritifera) especie ameazada que subsiste en moi poucos ríos da Península Ibérica.

Este expediente sancionador únese aos que se teñen producido nas últimas semanas derivados principalmente das actuacións de “restauración” da senda do Tea no termo municipal de Ponteareas. Cómpre lembrar que, a raíz das denuncias de ADENCO, nos últimos meses se teñen producido tamén varias multas aos concellos de Ponteareas e Mondariz por actuacións nas beiras do curso fluvial e a afección a elementos do patrimonio arqueolóxico nas beiras Tea.

ADENCO continuará defendendo e divulgando o patrimonio ambiental e cultural existente no río Tea. Nese senso, o Grupo Ecoloxista denunciará, tal e como leva facendo desde a súa constitución, calquera actuación agresiva co espazo protexido incluído na Rede Natura 2000.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s