Pontenciencia, biodiversidade, saúde humana e ambiental

O pasado 3 de xuño en Pontevedra, en vésperas do día mundial do medio ambiente, os actos contra a eucaliptización e a marcha contra celulosas coincidiron coa clausura da edición 2017 de Pontenciencia, feira da miniciencia de proxectos de investigación no ámbito escolar.

En dita edición unha familia presentou un experimento sobre “a biodiversidade dos eucaliptos mostrando os organismos que conviven nunha especie autóctona e a ausencia deles no caso do eucalipto. Recentemente, nun estudo publicado por investigadores da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo e levado a cabo en 16 afluentes do río Lérez, non só constatan que os eucaliptais diminúen a “riqueza de macroinvertebrados e a biodiversidade”, senón  tamén que aumentan a probabilidade de secar o arroios completamente no verán. Mentres, empresas como ENCE e a patronal galega da madeira seguen apoiándose en teorías “negacionistas” e en “portas xiratorias” coa administración estatal e autonómica para evitar o recoñecemento do eucalipto como especie foránea invasora, inimiga da biodiversidade e a sustentabilidade, e amiga das lumes e a desertización.

Por outra banda, na edición de 2014 de Pontenciencia, unha familia acadou o 1º premio no ámbito de investigación familiar, co experimento ”Planti-WiFi, as plantas gústalles o Wi-Fi?” observando como “as sementes expostas directamente as radiofrecuencias” do Wi-Fi e dun teléfono Dect “xerminaron menos, máis tarde e desenvolveron menos”, e o deterioro das follas das plantas expostas. Xa no 2012, alumnos ourensás de 4º da ESO no IES O COUTO, gañaron o certame estatal “Es de libro cunha investigación que tamén describía a influencia negativa das radiacións dos teléfonos móbiles no crecemento das plantas e a xerminación das sementes. En 2015 o chamamento Internacional á OMS e á ONU de 225 científicos e expertos de 41 países, con artigos revisados entre pares sobre os efectos biolóxicos ou sobre a saúde dos campos electromagnéticos, alerta e demanda protección ante ditas radiacións que “afectan aos organismos vivos moi por debaixo das directrices internacionais e nacionais”.

Unha monografía da Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) apelaba no 2013 a aplicar xa o principio de precaución a estes PROBLEMAS EMERXENTES das “Especies foráneas invasoras” e das radiofrecuencias da “telefonía móbil” e dispositivos sen fíos, especialmente na poboación infantoxuvenil. TERÁN ESTES EXPERIMENTOS ESCOLARES máis atención da administración central e autonómica que a que tiveron os consellos de cautela da AEMA?

Julio Carmona Barros, vogal da xunta directiva da APDR

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s