Un estudo publicado recentemente na revista Environmental Pollution amosa que analisando os metais pesados nas escamas dos salmóns capturados no Ulla pódese medir o impacto da mina de Touro na contaminación de cobre (Cu) e o seu efecto nas poboacións de salmon.
Os resultados indican claramente que as verteduras da mina a ceo abierto de Touro causaron unha reducion significativa do crecimiento e supervivencia do salmon del Ulla durante os anos 80 polo que a súa reapertura agravaría aínda máis situación do salmon neste rio, poñéndoo ao límite da extinción.
Os investigadores/as da UVigo, o IIM-CSIC e a U. de Swansea usaron as mostras históricas das escamas dos salmóns capturados no Ulla entre 1951 e 2012, analisando os metais pesados presentes, especialmente o Cu. Como comparativa, analisáronse tamén as escamas dos salmóns capturados no Miño, que non acolle verteduras de Cu procedentes da actividade mineira.
A influencia da mina durante o seu periodo de actividade (décadas do 70 e 80) vese claramente no incremento da deposición de Cu nas escamas dos salmóns do Ulla, e que multuiplicaban por 7 as cantidades atopadas nos peixes despois do peche da mina. Tendo en conta tamén as distintas poboacións de salmón do río, áchase que a bioacumulación de cobre é máis intensa na fase xuvenil, cando os salmóns están nos treitos altos do río. Isto afectou ao crecemento dos peixes, que descendeu fortemente en comparación cos salmóns do Miño. E ao cesar a actividade da mina, o crecemento recuperouse aos níveis anteriores ao incio da actividade.
Asemade, observouse un descenso na abundancia de salmóns no Ulla durante o periodo de actividade da mina de Touro, descenso que aínda non deu recuperado hoxe.
Nas súas conclusións, os investigadores/as suxiren que a exposición a níveis subletais de Cu procedente da mina de Touro aumentou a mortalidade xuvenil dos salmóns do Ulla, diminuindo significativamente as capturas. Nun marco xeral de descenso das poboacións de salmón atlántico en todo o estado, a contaminación por metais pesados procedentes da actividade mineira, quer do Cu da mina de Touro, dificultará aínda máis a recuperación desta especie. E no caso da volta á actividade da mina de Touro, a xuízo dos científicos/as este feito pode ademais situar ao salmón do Ulla ao borde da extinción.
Eis nunha razón máis para que a Xunta rexeite a reapertura da mina de Touro e para que, como xa ten solicitado ADEGA noutras ocasións, protexa ás escasas poboacións do salmón atlántico galego, hoxe ao borde da extinción polo deterioro (encoros, minas, verteduras…) do seu hábitat.