Hábitat Protexe en Ponteceso

O vindeiro sábado, 12 de setembro do 2020, de 09:30 a 13h, tes unha nova cita con Hábitat Protexe! Nesta ocasión acompañaremos aos compañeiros do Grupo de anelamento Hércules nunha xornada de anelamento científico de aves, na súa estación de esforzo constante en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo que levan a cabo os nosos grupos de anelamento para aumentar o coñecemento sobre as aves que nos rodean.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (10 prazas). Para poder asistir é imprescindible a inscrición a través do seguinte formulario:

Tes ata o xoves, 10 de setembro, para anotarte!

No correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:

  • Soci@s G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nen@s (menores de 14 anos): 5€
  • Adult@s (maiores de 14 anos): 8€

Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade, será moi ben recibido, axudarás a protexer o noso patrimonio natural.

O recadado destinarase integramente á entidade de custodia:  BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico. Esta entidade traballa arreo na conservación do bosque atlántico, facendo fincapé nas Fragas do Eume.

É importante que lembres que para asistir a esta actividade é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Lembra que tamén podes colaborar coas entidades de custodia a través de O Faiado de Hábitat Protexe, onde a compra de materiais ou experiencias cedidos por persoas cercanas ao G.N.Hábitat para que estas asociacións poidan seguir levando a cabo a súa labor de conservación dos nosos espazos naturais.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s