Estudio de Mariposas Nocturnas

O próximo venres, 26 de febreiro do 2021, teremos con nós nun novo Encontros Naturalistas, a David César Manceñido González, que nos falará das bolboretas e avelaíñas, como estudalas, as amezas deste grupo faunístico e do seu traballo con avelaíñas na provincia de León. 

David César Manceñido González síntese atraído polas bolboretas e avelaíñas desde pequeno e isto, levouno a estudar Bioloxía e é Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos. En agosto do 2010 colaborou nun proxecto de mostraxe e catalogación de bolboretas e avelaíñas nos Mercantour/Alpi Maritime Natural Parks para o European Distributed Institute of Taxonomy. No 2013 publicou un libro das “Mariposas Diurnas de la provincia de León” xunto con Félix Javier González Estébanez (proxecto autofinanciado, que levou 7 anos de traballo de campo).  É apicultor desde 2016. No 2019 publicou en coautoría con varias persoas o libro “Bases técnicas para la conservación de los lepidópteros amenazados en España” e desde 2016 está tomando mostras da provincia leonesa coa intención de publica un libro das avelaíñas de León.

 A emisión será este viernes, 26 de febreiro do 2021, ás 20:30h., baixo o título “Estudio de Mariposas Nocturnas”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s