Colectivos ecoloxistas, culturais e veciñais piden a paralización das obras da gasolineira de Ledoño (Culleredo)

O inicio das obras dunha gasolineira cerca do río Valiñas pon en perigo a biodiversidade do río e da Ría do Burgo ao verter continuamente terra na canle que chegará á Ría do Burgo.

As verteduras ilegais desta obra, están a provocar alteracións no ecosistema do río e poñen en risco a súa fauna e flora. As verteduras proveñen do burato creado para cimentar a gasolineira. Coas chuvias dos últimos días e as filtracións dos terreos próximos foise enchendo de auga, de xeito que se creou unha pequena lagoa artificial, que xa está a punto de rebordar.

Aínda que a priori a terra e a auga non son elementos contaminantes, a turbidez reduce a capacidade de fotosíntese das plantas acuáticas e o osíxeno disolto na auga. Isto pode causar a morte dos animais que viven no río entre outros prexuízos a longo prazo para o río.
O lugar no que se sitúan as obras, é unha braña facilmente anegable algo que coñece ben a veciñanza de Ledoño.

A pesar disto, na autorización de Augas de Galicia, publicada o 18 de outubro de 2019, considera esta parcela como non asolagable nos vindeiros 500 anos. Á vista da situación actual das obras, os cálculos que realizou esta entidade autonómica non parecen corresponderse coa realidade. 
Malia a que a obra ten autorizacións do Concello de Culleredo e Augas de Galicia, en ningún caso se permiten as verteduras ao rio. Augas de Galicia pon como condicións particulares para esta obra:

  1. Evitar o toldamento das augas pola realización das actuacións. 
  2. Evitar a corta ou destrución da vexetación arbustiva ou arbórea de ribeira.
  3. De xeito especial, prohíbese verter no propio leito do río restos de formigón ou cemento, ou lavar materiais ou ferramenta que estiveran en contacto con eles, así como o cambio de aceite de maquinaria de construción.

A xuízo do Colectivo das Pedras Galladas, ADEGA, SGHN, GN Hábitat, o Centro Social Ledoñes, a Asociación de Veciños San Martiño de Sésamo e Asociación Cultural e Veciñal de Orrro, non se cumplen estas condicions e polo tanto debería ser revogada dita autorización.

Independentemente de que a gasolineira se sitúe nunha zona que poida inundarse ou non, para estas asociacións non ten moito sentido unha obra que está a 3km do parque loxístico, onde xa hai outra gasolineira. Consideran un risco o almacenamento de 100.000 litros de combustible tan cerca do leito do río, cando existe outras alternativas.

O río Valiñas é o principal afluente do río Mero, que desemboca na Ría do Burgo. A vertedura destas obras rematará por chegar á ría do Burgo, un lugar de produción marisqueira onde tamén vive un elevado número de aves. O proxecto de dragado desta ría está en proceso de licitación. Este proxecto que vai custar ao estado 48 millóns de euros, ten como obxectivo retirar os limos que chegaron á ría procedentes dos ríos.
A boa saúde de ríos e regatos do Concello de Culleredo é unha obriga para a corporación municipal e o órgano de conca hidrográfica e é fundamental para evitar que as causas que provocaron a acumulación de sedimentos finos na Ría volva a repetirse.

Por todos estes motivos o colectivo das Pedras Galladas lanzou fai uns días unha campaña en change.org para recabar apoios e solicitarlle ao alcalde de Culleredo a paralización destas obras. A día de hoxe xa asinaron máis de 200 persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: