A APDR denunciará as declaracións de Colmenares no xulgado. Esixe a actuación da Fiscalía

Diante das declaracións realizadas por Ignacio de Colmenares, presidente de ENCE, recollidas nun video de “carácter interno” (ver noso faceboock) e das que agora a empresa pretende desmarcarse, desde a APDR vémonos na obriga de facer o seguinte comunicado de resposta:

1.- Con independencia do contexto xeral no que se producen, no que a empresa intenta presionar por todos os medios ás administracións e á cidadanía pontevedresa co obxectivo de continuar de forma ilegal en Lourizán, estas declaracións encerran unha evidente gravidade e provocan a nosa preocupación, unha preocupación que, con seguridade, será extensiva ao conxunto da poboación da comarca. Admite o Sr. Colmenares ter realizado presións aos máis altos niveis do Estado co obxectivo de modificar a Lei de Transición Ecolóxica e Cambio Climático en beneficio da empresa da que é presidente, un feito de suma gravidade que entra en contradición cunha sociedade democrática no que non son as empresas quen redactan e ditan as leis.

2.- Admite o Sr. de Colmenares -e nisto radica a maior gravidade das súas declaracións- que a “caldeira de recuperación” e outras instalacións da fábrica están nunha situación de inestabilidade que “en calquera momento poden darnos un susto maiúsculo medio ambiental que pode afectar ás persoas”.

E fai fincapé nun aspecto que non pode pasar desapercibido pola súa transcendencia; admite que a esta situación chegouse pola falta de inversións por parte da dirección empresarial, unha situación que é absolutamente irresponsábel pero que moi ben puidera ter implicacións penais. Admite que, tendo coñecemento da gravidade da situación que se pode derivar desta falta de inversións, no só non fai nada por solventala senón que non toma a decisión de paralizar a produción en evitación do perigo inminente ao que están expostos traballadores, cidadanía e medio ambiente.

3.- Preocúpanos que situacións de ruídos e cheiros anormalmente superiores aos habituais que temos denunciado con insistencia desde finais de 2019 e que teñen que ver co mal funcionamento da “inestábel” caldeira, situacións que continúan producíndose pola actitude cómplice da Xunta de Galicia, poidan rematar por se converter en problemas da gravidade que agora anuncia o directivo de ENCE. Seguirá o Sr. Feijóo despois desta noticia amparando as actividades ilegais de ENCE? Seguirá pensando o Presidente da Xunta en adxudicar parte dos fondos Next Generation a ENCE logo de ter coñecemento destes comportamentos empresariais?

4.- Xa por último, facemos un chamamento a todas as administracións con competencia neste asunto, para que adopten unha posición activa e tomen de forma inmediata as decisións que a cada quen lle competan. Neste sentido, esiximos ao Concello de Pontevedra á Subdelegación do Goberno e á Xunta de Galicia que abran as correspondentes investigacións para coñecer o alcance da situación descrita polo Sr. de Colmenares e tomen as medidas necesarias para que se decrete, de forma inmediata, o peche cautelar da actividade industrial de ENCE en Lourizán.

E esiximos tamén ao Ministerio Fiscal que asuma as súas competencias neste caso; unha situación da gravidade como a que estamos denunciando, que pode derivar nun problema ambiental grave pero afectar tamén á vida dos traballadores e da poboación da contorna, e as propias manifestacións realizadas polo presidente da empresa ENCE, non poden pasar desapercibidas para a Fiscalía, que ten a obriga de actuar de oficio fronte a calquera feito presuntamente delituoso.

Pola nosa banda, denunciamos publicamente esta situación, pero iniciamos xa os pasos a dar para denunciar xudicialmente a situación e as declaracións do Sr. de Colmenares por considerar que con elas está a cometer -como xa avanzamos- un feito presuntamente delituoso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: