A APDR considera oportuna a actuación da fiscalía contra o “CEO” de ENCE

Dacordo coas informacións recollidas polos distintos medios de comunicación, a Fiscalía de Pontevedra vén de abrir dilixencias de investigación penal contra o Presidente de ENCE, Ignacio de Colmenares, polas declaracións realizadas no decurso dunha videoconferencia dirixida ao persoal da empresa e cuxas imaxes foron filtradas aos medios de comunicación o pasado sábado 27 de febreiro.

Esta decisión da Fiscalia avala a posición da APDR que, tal como demos a coñecer aos medios de comunicación nas nosas notas de denuncia pública destes feitos, consideraba que nesas declaracións existían indicios dun comportamento presuntamente delituoso. Esta actuación da Fiscalía debería facer calar as voces que desde ENCE e os medios políticos afíns, pretenden minimizar estes feitos culpabilizando a quen defendemos a legalidade e o interese xeral fronte á rapina industrial que pretende facerse coa propiedade do dominio público marítimo-terrestre.

Neste sentido, debemos indicar que o pasado día 3 de marzo (xúntase copia do resgardo do seu envío por correo), a APDR deu a coñecer estes feitos á Fiscalía General do Estado por entender que revisten unha extrema gravidade xa que poden afectar a distintas Institucións do Estado, entre elas ás Cortes Generales e á Secretaría de Medio Ambiente, solicitando a actuación co fin de depurar as responsabilidades penais que se poidan derivar dos feitos e a adopción das medidas necesarias para evitar que as presións exercidas (mediante ameazas e coacción) polo Sr. de Colmenares poidan afectar ás Institucións do Estado e á tramitación da Lei de Transición Ecolóxica, dun xeito moi particular á redacción do artigo 18.4, unha redacción que o Presidente de ENCE esixe se modifique en beneficio dos seus intereses particulares.

Para a APDR é unha boa noticia que o Ministerio Fiscal, dadas as dimensións da repercusión que ten provocado na nosa comarca este comportamento do Sr. de Colmenares, se teña feito eco da alarma social existente e teña aberto as oportunas dilixencias de investigación penal, xa que, con independencia de cal sexa o resultado último da amentada investigación, é mostra de que fronte a uns feitos absolutamente antidemocráticos e presuntamente delituosos, as institucións de xustiza actúan en evitación da impunidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: