Plantación de teixos na Eira da Xoana

O sábado 6 de marzo, a asociación ecoloxista ADEGA e a Fundación Eira, coa colaboración de Bodegas Lodeiros, o LIFE Baccata do IBADER (USC), o CFEA de Lourizán e o Concello de Agolada, realizaron unha plantación de teixos para poñer en valor esta árbore milenaria que está a desaparecer do noso territorio.

A repoboación de teixos, que tivo lugar na contorna da Eira da Xoana en Ramil (Agolada), serviu de experiencia piloto para promover unha campaña de maior envergadura impulsada pola Fundación Eira e ADEGA. A campaña chámase “O teixo: tempo ao tempo” e trata de poñer en valor esta especie de árbore de crecemento lento que posúe un elevado simbolismo na cultura de Galiza. Asemade, a campaña serve de metáfora para reivindicar un estilo de vida pausado, que sexa respectuoso co medio natural, cos hábitats e coas especies, acompañando os tempos da natureza dándolle tempo a o tempo.

Para a realización da actividade o pasado sábado, contamos coa participación de Bodegas Lodeiros, que colabora a través do seu Proxecto Camiño Natural.

Contamos tamén co asesoramento e colaboración do Instituto de Biodiversidade Agraria e desenvolvemento Rural (IBADER), pertencente á USC e impulsor do proxecto LIFE Baccata, que doou á campaña parte dos teixos que se plantaron.

Outra entidade que colabora nesta iniciativa é o CFEA de Lourizán que tamén donou varias especies de árbores para plantar na contorna da Eira da Xoana. Este sábado pasado plantáronse algunhas como loureiros, érbedos, nogueiras e teixos. En vindeiras ocasións continuarase co resto das árbores doadas.

Na actividade do sábado participaron tamén representantes do concello de Agolada, nomeadamente o seu alcalde Luis Calvo Miguélez que quixo coñecer de primeira man a iniciativa promovida pola Fundación Eira e ADEGA.

A actividade desenvolveuse ao longo da mañá do sábado 6 de marzo de 2021. Aproximadamente 17 persoas xuntáronse na Eira da Xoana ás 11:00h da mañá. Logo dunha pequena presentación da campaña O teixo: tempo ao tempo os/as participantes colleron a ferramenta e foron plantando as árbores doadas polo IBADER e o CFEA de Lourizán na contorna da Eira da Xoana. En total foron plantados 40 teixos, 3 nogueiras, 8 loureiros e 5 érbedos.

A continuación fíxose un xantar ao aire libre na parte de atrás da Eira da Xoana no que cada participante levou a súa comida. Nese momento, Pablo de Bodegas Lodeiros, agasallou aos asistentes cunha saca de tea con información do proxecto que desenvolve esta empresa e con dúas mostras de vermú Lodeiros.

Ás 16:00h as persoas participantes despedíronse desta primeira acción da campaña O teixo: tempo ao tempo, esperando poder facer outra acción en breve se o tempo e a situación o permiten.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: