ENCE e Xunta de Galicia apostan pola prevaricación!

Tal como se recolle nos medios de comunicación, na reunión que mantiveron onte mércores os comités de ENCE co Vicepresidente da Xunta Sr. Conde, para tratar de buscar “solucións” que permitan que ENCE poida continuar en Lourizán, puxéronse sobre a mesa algunhas ideas que máis semellan cousa de “trileiros” ou “mafiosos” que de representantes de traballadores e servidores públicos. Falouse abertamente de tratar de buscar formulas que permitan modificar as decisións xudiciais, por máis que o disfracen de busca de “solucións xurídicas”, un compromiso que o Conselleiro de Economía non tivo reparo en adquirir, afirmando que falaría co Goberno para facerlles entender esa necesidade!

E abonda con transcribir a reflexión que fai o portavoz do Comité dos traballadores da fábrica para ver cal foi a proposta do comité de oficinas liderado por Ana Cedeira de CC.OO.: “No será tan fácil coger una sentencia y poner lo que a cada uno le convenga”, que traducido ao linguaxe de ENCE, deixa ver con total claridade que o que se persegue é buscar o xeito de que os xuíces do Tribunal Supremo “poñan na sentencia o que lle conveña á empresa”!

Fronte a esta solución, que o seu representante, Pablo Bacariza, considera difícil de conseguir, o comité da fábrica propón outra alternativa -igualmente inaceptábel nunha sociedade de dereito- que semella parecerlle máis doada: no caso de que -como é de agardar- o fallo do Tribunal Supremo sexa contrario aos intereses de ENCE, “non executar a sentencia” para que a empresa poida seguir traballando en Lourizán o tempo que lle veña en gana; unha solución á que non semella facer ascos o Conselleiro, que ten adquirido o compromiso de interceder diante do Goberno do Estado con este obxectivo último!Toda unha declaración de intencións de ENCE e Xunta de Galicia que tratan de preparar o terreo para, máis unha vez, burlar a Lei e deixar na máis absoluta indefensión á cidadanía!

E, ao máis puro estilo da mafia siciliana, atrévense a “retar” á Ministra de Transición Ecolóxica a “rectificar” e poñer solucións sobre a mesa que dean aparencia de legalidade ás solucións propostas para conseguir o incumprimento da lexislación en beneficio dos intereses particulares dunha empresa e en detrimento do interese xeral!

Insisten finalmente en responsabilizar da situación ao Concello de Pontevedra e ao Goberno do Estado, aos que piden que se “impliquen y enmienden las consecuencias de no haber defendidola prórroga” concedida, de forma ilegal, polo goberno en funcións de Mariano Rajoy! Máis unha vez intentan que o Alcalde e a Ministra defendan a ilegalidade, un medio no que tanto ENCE como a Xunta de Galicia semellan moverse con verdadeira destreza!

ENCE e os seus recadeiros na Xunta de Galicia, transmitirán á Ministra na mesa do día 10 as súas chantaxes disfrazadas de “solucións xurídicas” para saltarse a Lei e as decisións xudiciais; na APDR sabemos que calquera solución legal pasa pola saída de ENCE da Ría, polo que a Ministra non vai ceder fronte ás pretensións empresariais! Pero sabemos tamén que a cidadanía, coa APDR á cabeza, rexeitará calquera solución que supoña a permanencia de ENCE na Ría e fará ouvir a súa voz cantas veces sexa preciso para impedir semellante atropelo ao interese xeral e á Lei, como fixo de forma contundente e maioritaria cando o Partido Popular concedeu a ilegal prórroga de 60 anos agora anulada pola vía xudicial!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: