A Federación Ecoloxista Galega remite escrito de observacións aos Plans de Ordeación do espazo marítimo (POEM) e ao Plan de ordeación da demarcación marítima noratlántica

  • A FEG alerta das ameazas que implica a ordenación de actividades na costa galega, a priori competencia do estado, mais sen estudo específico sobre as necesidades e impactos en Galiza. Entre as mais graves encóntrase a instalación de parques eólicos mariños flotantes que, dada a batimetría da costa galega, precisan grandes estruturas de ancoraxe sobre o fondo e tendido de longas liñas de evacuación da electricidade producida. Os POEM, establecen extensas “zonas de uso prioritario para a enerxía eólica mariña” e “de alto potencial para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña” en zonas de grande valor ecolóxico da plataforma continental galega.

En xuño deste ano, a Federación Ecoloxista Galega xa tiña remitido un informe de urxencia alegando contra estes plans, tras ser ampliado o prazo, tense remitido agora dende a FEG un novo escrito de observacións, incidindo nas máis importantes deficiencias destes Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) que está a tramitar a Dirección General de la Costa y el Mar do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

No seu escrito, a FEG, fai notar a falla de sustentabilidade de aspectos fundamentais dos plans que estás lonxe de responder ao obxectivo 14 da axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible da UE que se enuncia “Conservar e utilizar en forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible” Neste sentido, dende a Federación Ecoloxista, faise ver que é necesario mellorar o coñecemento a través da investigación dos sistemas peláxicos de cara a abandonar unha concepción estendida e presente no documento que ve ao océano como sumidoiro infinito de todo tipo de residuos, que soporta todo tipo de actuacións e que proporciona recursos de forma eterna. Ao contrario, os feitos amosan que xa non caben máis contaminantes e que os ecosistemas e os fondos están gravemente danados polo que a actividade extractiva está comprometida e ameazada pola degradación ambiental.

Nas alegacións da FEG faise ver a importancia que teñen os fondos peláxicos na regulación dos sistemas oceánicos e o perigo de destruílos, e faise notar tamén o seu papel no ciclo do carbono xa que constitúen un importante sumidoiro de CO2, favorecendo a mitigación do efecto invernadoiro.

A FEG alerta das ameazas que implica a ordenación de actividades concretas que forman parte o ámbito competencial do estado, a máis impactante sería a instalación de parques eólicos mariños que, dada a batimetría da costa galega, teñen que instalarse como parques flotantes, o que implica a construción de grandes estruturas de ancoraxe sobre o fondo e sistemas de subxección, ademais do tendido de longas liñas de cableado para a evacuación da electricidade producida hasta a costa. Os POEM, establecen extensas “zonas de uso prioritario para a enerxía eólica mariña” e “de alto potencial para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña” entorno aos bordes da plataforma continental en zonas de grande valor ecolóxico que ademais actúan como áreas de reprodución de especies piscícolas. De chegar a construírse parques eólicos nas áreas seleccionadas, onde existen caladoiros importantes, a actividade pesqueira veríase seriamente comprometida pola ocupación das zonas onde faenan os barcos da flota galega e se arrasarían os ecosistemas bentónicos activos na recruta de individuos das especies pesqueiras. Faise notar ademais que, na actualidade, están en tramitación dous proxectos de parques eólicos marítimos flotantes nas costas da provincia da Coruña, os de San Cibrao e San Brandan, proxectados con anticipación ao inicio da tramitación destes plans de ordenación e que non respectan as áreas para enerxía eólica mariña que neles se pretende establecer.

Dende a Federación Ecoloxista alértase tamén da perigosidade doutras actividades como o vertido de materiais dragados de portos, para os que se establecen puntos de vertido en zonas de interese ambiental e pesqueiro, como o establecido ao sur de Sálvora, que xa ten recibido centos de miles de toneladas de residuos e que se pretende que siga activo.

A FEG solicita a retirada destes POEM e a elaboración duns novos plans de ordenación que partan dun enfoque ecosistémico, e cun obxectivo de sustentabilidade, favorecendo o fomento da investigación e a mellora do coñecemento da estrutura, funcionalidade e distribución dos diferentes ecosistemas oceánicos entre os que se atopan algúns de importancia comunitaria; a súa conservación debe ser o obxectivo prioritario. Só con esta visión se poden ordenar de forma harmoniosa os usos dos nosos mares para actividades como a acuicultura, a pesca, a extracción e deposición de áridos ou a produción de enerxía eólica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s