Outono en marcha: Dez anos polas paisaxes ocres de Bergantiños

Velaquí o convite a unha nova xornada no marco dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión teremos  a sorte de contar cos compañeiros da Asociación Ambiental Senda Nova, entidade sen ánimo de lucro que conta entre os seus principais obxectivos coa posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico das comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes. Será da man do seu Presidente, Xosé Manuel Menéndez, con quen faremos un breve repaso polos 15 anos de historia desta entidade amiga, deténdonos xa en detalle a coñecer polo miúdo unha das súas iniciativas máis salientables: o Outono en Marcha. 10 anos de percorridos divulgando a contorna Bergantiñá, e que en breve inicia de novo a súa andaina cunha estupenda proposta de roteiros abertos á cidadanía. E para empaparnos ben desta fermosa contorna, contaremos tamén coa participación de Evaristo Domínguez Rial, historiador e experto no patrimonio de Bergantiños e Costa da Morte, autor e coautor de numerosas publicacions vencelladas a este espazo. 

A actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves 7 de outubro, ás 20:30h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-. Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:Formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Así e todo, se estás interesado en participar como público tamén poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais (YouTube, Facebook, Twitter e Instagram), e facer as túas consultas por escrito a través delas. Rematado o faladoiro, o presentador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas. Proximamente engadiremos nesta nova as ligazóns ao directo dende as RRSS. Segue atento!

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

As actividades e os participantes nas mesmas respectarán as medidas que fosen establecidas pola autoridade competente, no marco da situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: