Fraga de Catasós: 21 anos de espera por un plano de conservación pouco ambicioso

A Xunta somete a consulta o plano de conservación do Monumento Natural da Fraga de Catasós, 21 anos despois da súa declaración. O texto volta a esquecer as demandas de ecoloxistas e concellos para ampliar e dotar de coerencia a este espazo.

ADEGA ALEGA AO DECRETO DO PLAN DE XESTIÓN DA FRAGA DE CATASÓS PARA DEMANDAR A AMPLIACIÓN DA PROTECCIÓN AO BOSQUES VECIÑOS

Anima ao Concello de Lalín a que retome a proposta de ENIL para as Fragas de Casas Vellas-Catasós para protexer estes excepcionais bosques e convertelos nun un referente paisaxístico e forestal do interior da Galiza.

En decembro de 2017 ADEGA respostara ás consultas sobre o Plano de Conservación da Fraga de Catasós, para demandar que este Monumento Natural incorporara a superficie boscosa circundante (ver mapa), para dotar ás Fraga de maior entidade, protección e riqueza dos seus valores naturais. Pretendiase propiciar unha caste de “burbulla ecolóxica” coa que ofrecer as mellores condicións de protección para os castiñeiros senlleiros deste Monumento.

Un dos principais riscos para as Fragas é a súa superficie tan reducida, de tan só 4,5 ha, insuficiente para garantir a protección dos procesos ecolóxicos e ambientais que nel teñen lugar, dado que estes non son independentes aos condicionantes ambientais do seu arredor.

Transcorridos catro anos dende que a Consellería iniciara consultas para a aprobación do devandito Plan, esta non tivo a ben contestar sequera ás catro alegacións presentadas no procedemento. Agora pretende concluir o expediente sen ter considerado as propostas nen dado resposta ás cuestións formuladas nas alegacións.

O Plano de Conservación fora presentado pola Xunta xusto despois de desestimar a declaración como Espazo Natural de Interese Local para a Fraga de Casas Vellas, ameazada polo paso dunha liña eléctrica. O actual documento infravalora as masas que forman parte da unidade vexetal e paisaxística do territorio onde se sitúa o monumento, sen considerar a importancia e enriquecemento ecolóxico que aportaría ao Monumento Natural.

Nas novas alegacións formuladas por ADEGA ao proxecto de Decreto recén presentado, ponse de manifesto que a Consellería opta polo mínimo legal posible en canto á protección do Monumento, cun plan pouco ambicioso, unhas mínimas garantías de dotalo da protección ecolóxica que precisan os castiñeiros senlleiros presentes, elementos altamente fráxiles e vulnerables, e unha nula dinamización de promoción do Monumento.

Preocupa que con este Plan o bosque circundante fóra do espazo non teña garantida a súa protección, nin ante o paso de liñas eléctricas ou outro tipo de infraestrutura, nin ante actuacións silvícolas duras e intensivas.

Dende ADEGA insistimos que resulta fundamental que se incorpore ao Monumento Natural das Fragas de Catasós varias das masas boscosas circundantes, pola riqueza biolóxica que aportarían ao Monumento. Para iso propoñemos incorporar toda a superficie desestimada do ENIL no seu momento, figura que contaba cunha aprobación provisional e informes favorables do Servizo Provincial de Medio Ambiente, antes de decaer a proposta.

ADEGA propón pasar das 4,5 ha. que ten o Monumento actual a unha superficie de fragas e soutos que atinxe a unhas 180 ha. Contemplando unha zonificación de “protección total”, que comprendería o espazo público que ocupa o actual Monumento, e a restante superficie a ampliar a considerar coma de “usos moderados”, de titularidade privada, para a que continuarían autorizándose os mesmos aproveitamentos e usos establecidos no PXOM de Lalín e na Lei do Solo, prohibíndose definitivamente os referidos ao paso de infraestruturas, liñas eléctricas, edificacións, ou cambios de uso de solo.

A zona de ampliación proposta para o Monumento comprende as fragas e soutos de Casas Vellas, Antuín, Gate, As Pereiras, e Portocelo, xunto o rego de Quintela. Todo o conxunto conforma unha unidade natural de alto valor paisaxístico e ecolóxico, que permitiría configurar un bosque cunha exquisita representación da paisaxe agro-forestal do interior de Galiza. O conxunto do espazo alberga unha ampla variedade de vida silvestre, algunha dela ameazada: Están presentes máis de 470 especies de plantas, 74 de fungos, 45 de invertebrados de interese, 4 de peixes, 11 de anfibios, 10 réptiles, 68 de aves, e 32 especies de mamíferos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: