Pasado, presente e futuro da Ría do Burgo

En vista da estupenda aceptación que tivemos días atrás no roteiro interpretativo para coñecer in situ o Patrimonio Natural e Humano da ría do Burgo, se cadra é bo momento para profundizar no pasado, no presente, e no futuro deste espazo natural, dende diferentes perspectivas e sensibilidades. E nada mellor para este repaso temporal que contar co testimonio e a experiencia de diferentes actores, todos eles vencellados dun xeito ou doutro á contorna da ría, nun espazo de conversa e posta en común onde compartir coñecementos e inquedanzas.

A actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves 30 de setembro, ás 20:30h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-. Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:Formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Así e todo, se estás interesado en participar como público tamén poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais (YouTube, Facebook, Twitter e Instagram), e facer as túas consultas por escrito a través delas. Rematado o faladoiro, o moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

As actividades e os participantes nas mesmas respectarán as medidas que fosen establecidas pola autoridade competente, no marco da situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Tamén podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s