TOUROLEAKS 7: A Xunta mantén aberta a posibilidade de autorizar o proxecto mineiro de Touro que rexeitou en febreiro pasado

8 meses despois de denegar o proxecto, a Xunta aínda non resolveu o recurso de reposición presentado pola mineira en marzo. Aínda que o silenzo é negativo pasado un mes, a lei obriga a unha resolución expresa, que mesmo podría ser estimatoria…

Un proxecto “zombi” que a Xunta mantén artificialmente aberto

O proxecto mineiro de Touro inicialmente rexeitado segue artificialmente aberto. Como un “zombi” aínda aboia polos despachos pendente dun último trámite. Industria resolveu denegalo en febreiro pasado baseándose nas consideracións dunha DIA (Declaración de Impacto Ambiental) desfavorábel. Cobre San Rafael recurríu en reposición en marzo e a administración dispoñía dun mes para resolver. Como non o fixo en prazo, o recurso ficou desestimado, mais a lei obriga a ditar resolución expresa aínda que sexa extemporánea, e esta non ten por que ter o mesmo sentido que o silenzo. Portanto, Industria aínda podería estimar o recurso da e aprobar o proxecto de reapertura da mina tal como pretende Cobre San Rafael.

Temos pois que a Xunta, logo de deixar pasar 6 meses sen ter resolto o recurso da mineira, dá agora ás partes interesadas, asociacións e colectivos da ría 10 días para alegar. 10 días para a cidadanía e 6 meses para a empresa durante os cais seguíu vertendo augas con altos contidos de metais pesados que contaminan unha bacía fluvial de 65 km2.
Chama a atención a oportuna demora da Xunta para resolver un recurso en tempo e forma, que deu azos a unha empresa ao manterlle vivo un proxecto que por dúas veces (Medio Ambiente e Industria) tiña rexeitado. Dende ADEGA preguntámonos se esta mesma “preguiza institucional” rexe para outros procedementos interesados pola cidadanía e pequenas empresas, ou só para determinadas corporacións.

A mineira cuestiona a validez da DIA e insinúa unha posíbel prevaricación por parte da Xunta

No texto do recurso presentado en marzo pasado, Cobre San Rafael carga contra a validez da DIA (Declaración de Impacto Ambiental) emitida por Medio Ambiente, cuxas consideracións foron determinantes para o rexeitamento do proxecto por parte de Industria. A mineira insinúa que Medio Ambiente actuou arbitrariamente ao facer unha “interpretación sesgada” dos informes de Augas de Galiza.


Neste senso, os informes de Augas eran demoledores, cuestionando practicamente todos os aspectos do proxecto. Sobre a calidade das augas, consideran inaxeitados os desvíos de canles, cuestionan a anulación das cabeceiras e o o baleirado do “lago de Vieiro”, indican unha falla de metodoloxía e botan de menos un plano de continxencia para previr posíbeis accidentes. Polo que atinxe á calidade das augas o proxecto non garante o cumprimento da lexislación vixente…

Dende ADEGA exhortamos á Xunta a rematar con este culebrón, resolvendo denegar de vez e de xeito explícito o recurso de reposición de Cobre San Rafael. Animamos tamén á mineira a acudir aos tribunais se sospeita dunha “actuación arbitraria” por parte da administración, como temos feito ADEGA e a Plataforma da Ría de Arousa pola contaminación persistente e secular dos ríos arredor da mina.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: