Día internacional dos Dereitos dos animais: Cada ano morren milleiros de animais en accidentes de tráfico

Cada 10 de decembro celébrase o Dia internacional dos Dereitos dos animais. Efeméride que promove reflectir sobre a relación entre o ser humano e os restantes animais que tantas veces implica explotación e maltrato.

Este ano queremos recordar os innumerábeis animais non humanos que morren en accidentes de tráfico mentres son transportados das naves de ceba aos matadoiros.

Entre os diversos accidentes rexistrados este ano destacamos tres que reúnen os factores habituais neste tipo de sucesos:

  • 15 de Marzo: accidente en Maceda no que varios porcos falecen despois de volcar o camión que os transportaba de Galiza para Bélxica
  • 28 de Setembro: acidente no Porriño no que falecen 10 vacas despois de tumbar o camión que as transportaba de Portugal para Silleda
  • 20 de Outubro: acidente en Carral no que falecen 90 porcos despois de volcar o camión que os transportaba de Abegondo para Portugal

Estes accidentes teñen varios puntos en común:

  • camión cargado ata os topes con porcos ou vacas
  • viaxe longa, moitas veces cara ou desde o estranxeiro
  • volcado nunha curva
  • accidente non especialmente grave no que os camioneiros apenas sofren feridas
  • grande cantidade de mortes entre os animais transportados

Os animais criados para consumo humano son mantidos en condicións penosas, a maioría deles ve a luz do sol por primeira vez cando son cargados nos camións que os levarán ao matadoiro. Un deslocamento no que as condicións se asemellan máis ás do transporte dun obxecto que ao transporte de seres vivos, de aí que mesmo en accidentes pouco graves a mortandade entre os animais sexa moi elevada.

O actual sistema económico permite a produción e sacrificio de animais sen límites, son considerados como unha mercadoría que, canto máis se transacciona, máis contribuirá a incrementar o tan venerado PIB.

Sabemos que por cuestións culturais é complicado prescindir nas nosas mesas de moitos dos alimentos de orixe animal pero, e xusto agora que se aproximan días de comidas e enchentas coas persoas que máis queremos, porqué non dedicar un momento a lembrar eses animais que na súa maior parte foron extremadamente maltratados desde que naceron ata que chegaron á nosa mesa? Ao mellor podíamos descubrir que é posible festexar igualmente consumindo un pouquiño menos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: