Bosque de ribeira, contaminación, depuración e voluntariado, nun Encontro sobre coidado dos ríos na Coruña

ADEGA organizou o pasado 2 de decembro unha xornada formativa chamada “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas”, na que se contou coa presenza de diferentes oradores/as expertos/as no coidado sostíbel do estado e preservación dos ecosistemas fluviais. Este foro complementou as distintas xornadas de limpeza de ríos con voluntariado que realizou ADEGA en diferentes treitos do Rego Carneiros e no Río Mesoiro da Coruña, no marco do convenio “ A Coruña por uns Ríos Limpos” asinado co Concello da A Coruña.

Maria J. Servia presentou a súa palestra sobre “Bosque de ribeira e servizos ecosistémicos: tamén en Coruña?” no que nos mostrou que os bosques de ribeira son elementos vertebradores da paisaxe cun notable interese cultural e recreativo, e cunha importacia biolóxica moi grande.

Manuel Soto falou sobre “Contaminación de ríos” na que nos explicou os diferentes  tipos de contaminación das augas, o impacto dos vertidos e a situación e evolución nos ríos galegos.

Verónica Torrijos  introduciunos na “Depuración ecolóxica de augas residuais. Do río ao mar” expoñendo as alternativas  ecolóxicas coas que podemos resolver cuestións de vertido acordes á normativa e para a conservación dos ecosistemas acuáticos.

Paco Bañobre explicounos coa súa charla “O papel do voluntariado nas Limpezas de Río” cal é o verdadeiro papel do voluntariado neste tipo de actividades e a gran necesidade de formar a cidadanía sobre a correcta preservación dos ríos e regatos, xunto coa súa contorna.

Tras as palestras houbo un tempo de debate onde o público puido preguntar a súa inquietudes e falar máis extensamente sobre formas de coidar e protexer os efluentes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s