De que falan cando piden “adscribir os terreos de ENCE á autoridade Portuaria”? Resposta aos traballadores e traballadoras de ENCE

Tal e como recollen os medios de comunicación, os traballadores de ENCE -e os sindicatos que fan parte dos comités de empresa- reivindican a “adscrición dos terreos ocupados pola empresa en Lourizán” á Autoridade Portuaria de Marín como “alternativa máis viábel” para garantir a continuidade da actividade da fábrica en Lourizán. Establecen así unha relación directa entre a adscrición dos terreos “ao Porto” e a continuidade de ENCE en Lourizán, e basean esta afirmación -segundo din- no Informe elaborado polo Consello Consultivo de Galicia en resposta á solicitude do Presidente da Xunta.

Así pois, dedúcese destas declaracións que o que pretenden reivindicar realmente é a “adscrición de ENCE ao Porto”, algo ben diferente á adscrición dos terreos de Lourizán e radicalmente contrario ao “avalado” polo Informe do Consello Consultivo.

Nese sentido, deberían saber que a adscrición dos terreos de Lourizán ao Porto, só se podería facer unha vez estean libres, é dicir, logo de que ENCE os abandone; porque unha empresa coma ENCE, por lei, non ten cabida en terreos portuarios. E tanto a Xunta de Galicia, como a Autoridade Portuaria de Marín, como a propia ENCE e os sindicatos, saben que isto é así. Porén, non teñen reparos en apoiar unhas posicións e unhas loitas que, saben perfectamente, están abocadas ao máis rotundo dos fracasos.

O certo é que as posibilidades de adscribir os terreos -mesmo libres de ENCE- ao porto de Marín, son moi remotas. En primeiro lugar porque precisa dos informes favorábeis de -cando menos- os Ministerios de Transición Ecolóxica, Transportes e Economía, que non semellan estar pola labor, e, en segundo lugar, porque esa zona hoxe ocupada por ENCE ten que se recuperar para o uso e desfrute do conxunto da cidadanía, algo ao que nin a inmensa maioría da poboación da comarca, nin a APDR, imos renunciar porque o dereito e a Lei nos ampara.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: