Comezamos 2022 deseucaliptizando o Xurés

As Brigadas Deseucaliptizadoras, convocadas pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo, comezaremos as actividades de 2022 abrindo un novo frente en Lobios, no Xurés. Será o sábado 15 de xaneiro.

Actuaremos sobre dúas parcelas próximas de 2 e 3 hectares respectivamente, retirando eucaliptos de rebrote e descascando tocóns, para posteriormente reforestar con frondosas nativas.

Quedamos ás 10 no aparcameto do balneario de Lobios, en Riocaldo https://g.page/lobios-caldaria-hotel-balneario?share  (ver no Google Maps como chegar), onde nos repartiremos para chegar aos lugares de actuación. A roga rematará por volta das 14:30h. para repoñermos forzas no albaroque.

Despois do albaroque remataremos a tarde cunha visita aos xacementos romanos Aquis Ogeresibus e Mutatio das Mouruás, guiadas polo arqueólogo director das excavacións, David Pérez.

Para participar é imprescindíbel,alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a laura.varelarz@gmail.com até o 12 de xaneiro a máis tardar. E avisádenos á hora de vos apuntar en caso de restricións alimentarias!

Tamén se está vendo a posibilidade de alugar un aloxamento compartido para as brigadistas que queiran vir o día antes (venres) e quedar ata o domingo, para aproveitar para coñecer mellor a zona. Nese caso, avisa ata o día 22 de decembro para indicar a túa vontade de vir e así organizar as reservas.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: