A resistencia contra a invasión eólica escribe as páxinas da Revista CERNA 85

A Revista CERNA lanza un novo número marcado pola reivindicación social e ecoloxista ante os actuais proxectos de agresión ao noso territorio. Dámos voz a colectivos contra a Mina de Touro (Plataforma Veciñal Mina de Touro – O Pino NON), ENCE (Asociación pola Defensa da Ría) ou o novo Plan Forestal (Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza) e integra tamén un apartado especial dedicado á “Vaga Eólica”. Esta sección iníciase coa ilustración do artista vigués Pelucas aka Pilas Bubbles á que segue e exposición da economista Rosa María Regueiro Ferreira sobre a necesidade dun novo modelo eólico para Galiza que conte cun marco regulador actualizado, contemple a participación social e priorice a autoprodución.

Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) alertan das consecuencias sobre estes animais que terían as instalacións eólicas marítimas proxectadas na costa norte galega, espazo sinalado para algunhas destas especies, como o arroaz e a toniña, esta última en perigo de extinción. Completan o especial os artigos de denuncia de colectivos de afectadas da área de Outes e do Xurés, e a crónica da manifestación do 5 de xuño en Santiago de Compostela, que congregou a voces de todo o territorio galego baixo o berro “Eólica, Así Non”.

Outras loitas históricas

Loitas históricas do ecoloxismo teñen un espazo destacado neste número de CERNA. O presidente da Asociación pola Defensa da Ría, Antón Masa, ofrece un repaso pola traxectoria de ENCE en Pontevedra e achega claves de futuro tras as últimas resolucións dos tribunais conforme á prórroga á concesión é ilegal. Da man de Adela Figueroa conmemoramos o 40 aniversario do movemento social que se opuxo aos vertidos nucleares na Foxa Atlántica. Tamén, a través da Plataforma Veciñal Mina de Touro – O Pino NON achegámonos á problemática non resolta do pasivo ambiental do proxecto mineiro de Explotaciones Gallegas S.L. e á alerta veciñal ante a nova intención de reactivación.

Outros temas de actualidade recóllense neste número 85 de CERNA, moitos deles de carácter científico, como o último estudo sobre lagoas costeiras na Galiza ou a idoneidade dos edificios pasivos nun contexto de transición enerxética. Como sempre, nas seccións fixas repásanse ferramentas de ciencia cidadá e saberemos algo máis de fauna e flora de Galiza.

Ligazón Revista CERNA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: