Comprácenos anunciar que xa podedes acceder á sala de exposicións virtuais de Emalcsa donde poderedes ver todas as obras presentadas no IX Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A vida a rentes do chan”, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), e que conta coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A partir de hoxe mesmo poderedes entrar a visitala, e gozar das 351 ilustracións de nenos e adultos de todas as idades que un ano máis nos sorprenden coas súas dotes artísticas, demostrando como o debuxo supón unha estupenda ferramenta para promover o coñecemento e a implicación cidadá coa natureza que nos rodea.

Neste percorrido virtual poderedes ver tanto as obras desta edición, como as das sete edicións anteriores, máis de 2000 magnificas ilustracións que farán as delicias dos visitantes a este paseo virtual.
NOTA: unha vez dentro do parque virtual, tedes que desplazarvos ata o segundo corredor a man dereita.
Achégate a esta exposición sobre natureza!!