O sábado 12-M desacaciamos Lentille

Asociación Veciñal de Lentille volve reconvocar para o sábado 12 de marzo as Brigadas para seguirmos combatendo sen tregua as acacias nesta aldea do Ribeiro.

Desta volta dividiremos os esforzos en erradicar pequenos enclaves de resistencia visando conectar áreas que xa foran desacaciadas coa axuda das Brigadas.

Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 9 de marzo a máis tardar.

O punto de encontro será o habitual no estacionamento do Souto ás 10:0h0. E o albaroque terá lugar na terraza do Cabido se o clima o permite e no garaxe se for máis riguroso.

MOEDA SOCIAL “A SABIA”

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s