“NOVA XURISPRUDENCIA” do Tribunal Supremo para concesións na Costa… A “APDR” discrepa sobre a posíbel aplicación no caso de ENCE

Recollían os medios de comunicación o pasado fin de semana unha sentencia ditada polo Tribunal Supremo en relación á anulación da prórroga a unha concesión dunha vivenda no litoral de Murcia; e facíanse comparacións coa situación xudicial na que se atopa hoxe a fábrica de ENCE.

Debemos indicar, en primeiro lugar, que hai xa algún tempo que na APDR coñecemos a sentenza e que a temos analizado de forma pormenorizada, o que nos permitiu concluír que non afecta en absoluto ao asunto da anulación da prórroga de ENCE. Así as cousas, non tiña ningún sentido facer unha valoración pública da mesma.

Porén, na situación actual, logo da difusión da noticia nos medios de comunicación, para evitar interpretacións non axustadas á realidade, calar rumores e evitar temores infundados entre a cidadanía, vémonos na obriga de -coa lóxica prudencia que esixen os asuntos xudiciais- dar a coñecer a nosa posición ao respecto:

1.- A diferenza do que ocorre no procedemento de ENCE, no procedemento que da lugar a esta sentenza, non se teñen alegado os artigos 25 e 32 da Lei de Costas por ningunha das partes. Neste sentido, trátase de situacións procesuales diferentes.

2.- Fundaméntase a sentenza sobre o feito incontestábel de que a concesión que veu anulada a súa prórroga é o soporte físico dunha vivenda unifamiliar, e non dunha actividade empresarial, para engadir logo que a doutrina fixada polo Tribunal Constitucional aludida pola Avogacía do Estado para anular a prórroga, refírese única e exclusivamente ás instalacións industriais.

Neste sentido, a noso entender, a xurisprudencia agora establecida polo Tribunal Supremo, resulta non ser de aplicación ao caso da anulación da prórroga de ENCE en terreos de DPMT, un procedemento no que foron alegados os artigos 25 e 32 da Lei de Costas e no que está en cuestión a legalidade ou non da permanencia dunha instalación industrial nestes terreos.

Non existe polo tanto contradición do Tribunal Supremo nesta sentenza co resolto no seu día pola Audiencia Nacional no caso da prórroga de ENCE; trátase de supostos diferentes e -así se recolle na propia sentenza- de se tratar dunha instalación industrial, a solución adoptada polo alto tribunal tería sido ben distinta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s