Hábitat sen lixo en Novo Mesoiro

Este domingo, 27 de marzo do 2022, faremos unha limpeza de residuos baixo a iniciativa Hábitat sen lixo en Novo Mesoiro xunto coa ONGd Por Qué no? Unha asociación que ten a súa sede Local en Novo Mesoiro (A Coruña) e que promove a xustiza social en calquera parte do mundo a través de Proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o desenvolvemento, Sensibilización e Comercio xusto.

Faremos un paseo pola contorna desfrutando da natureza deste barrio do concello da Coruña, mentres retiramos os residuos que nos atopemos.

A xornada é de balde e aberta ao público e terá lugar o vindeiro domingo, 27 de marzo, de 10:30 a 13:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a inscrición previa a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s