Eu Quero Razo – Baldaio (campaña 2022)

Un ano máis, o Concello de Carballo lanza o programa Eu Quero Razo – Baldaio para continuar co obxectivo de crear hábitos de turismo consciente na contorna litoral, fomentar a participación cidadá e acadar a valorización deste espazo natural protexido. Nesta campaña 2022, ademais do G.N. Hábitat, Senda Nova e ADEGA, o proxecto conta agora coa participación doutras entidades compañeiras, como son a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, conformando entre todas unha ampla proposta de actividades.

Continuando co espírito e o obxectivo de que canto máis se coñeza máis se respecte, Concello e asociacións levaremos a cabo diversas xornadas divulgativas e de voluntariado ambiental, ao longo dos meses de xullo e agosto do 2022. Un novo bimestre cheo de actividades, nun fermoso marco natural. Todas as accións serán abertas ao público e de balde, así e todo, as prazas estarán limitadas, sendo imprescindible para a participación facer a inscrición previa a través dos formularios online habilitados para cada unha delas.

Toda a información detallada do proxecto “Eu quero Razo – Baldaio” (programa completo de actividades 2022, axenda, cartel, horarios, datas e formularios de inscrición) está dispoñible na web oficial habilitada polo Concello de Carballo…Non deixes de visitala.

O G.N.Hábitat, será o encargado de levar a cabo 3 actividades no marco deste novo programa, coas que forneceremos o coñecemento sobre a diversidade de flora e fauna vencellada a este espazo:

Xullo

Agosto

Na web poderás consultar en detalle todas estas actividades, e descargar un pdf con documentación complementaria en cada unha delas.

Visita a web do proxecto, anótate nas actividades que desexes e…vémonos no campo!

Enche o teu verán de natureza!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s