- Domingo 21 de agosto, ás 10:30h – Prazas dispoñibles
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Martes 26 de xullo, ás 10:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do Parque de Bens.
- Participa: Down Coruña.
- Sábado 23 de xullo, ás 10:30h (1ª quenda) e ás 17:00h (2ª quenda) – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Luns 11 de xullo, ás 11:00h (1ª quenda) e ás 16:00h (2ª quenda) – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Participa: Asociación Mariñas-Betanzos, Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, LIFE Fluvial, Cooperación Internacional e Fundación Aliatar.
- Domingo 10 de xullo, ás 16:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Mércores 22 de xuño, ás 16:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: alumn@s de Léxica – Escuela de español para extrajeros (cooperativa de formación). Actividade dirixa á integración a través da cultura ambiental.
- Luns 23 de maio, ás 20:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: conferencia online no marco da “Semana sobre Especies Invasoras: Portugal e España (SEI 2022)”, na que puxemos en valor os catro anos de esforzos investidos (2018-2021) no Espazo Natural de Interese Local – ENIL Torre de Hércules, coa retirada da Carpobrotus sp. da man do voluntariado ambiental.

Para participar nas diferentes actividades abertas ao público é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!
O PROGRAMA “CUSTODIA DO TERRITORIO E VOLUNTARIADO”
Por quinto ano consecutivo, encarando un lustro de actividades a prol do patrimonio natural da cidade, a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña e o Grupo Naturalista Hábitat retomamos a nosa colaboración no marco do programa “Custodia do Territorio e Voluntariado”. Unha iniciativa que acubilla, en cada campaña, diversas actividades dirixidas ao estudo, a divulgación e a conservación das áreas de interese ambiental da cidade da Coruña, con especial fincapé na contorna do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules.
Ao longo das campañas 2018/2021 deste programa, un total de 1012 persoas teñen participado nas diferentes accións organizadas polo G.N.Hábitat. Nenos e maiores de todas as idades, que compartiron connosco tempo e esforzos nos eidos da divulgación e o voluntariado ambiental. Nesta liña, compre destacar os avances alcanzados no control da especie exótica invasora Carpobrotus edulis (coñecida como “Uña de gato” ou “herba do coitelo”), que se espalla pola contorna da Torre de Hércules, restrinxindo e comprometendo a diversidade biolóxica alí presente. Hoxe día, 51.550 kg foron xa retirados grazas aos 758 voluntari@s participantes nas actividades de eliminación desta planta invasora! Moito suor, e todo un exemplo de traballo colaborativo a prol do patrimonio natural. Tarefas que debemos retomar con forza para seguir mellorando a contorna deste ENIL, pois aínda queda moita superficie afectada. Polo tanto, a campaña 2022 continuará coa filosofía e obxectivos das pasadas edicións, promovendo novamente diferentes actividades ambientais, tanto na Torre coma noutros espazos da cidade.
Organizaranse de novo xornadas abertas ao público e de balde, mais as prazas serán limitadas en cada sesión, sendo precisa a inscrición previa para a participación a través dos formularios online que sexan habilitados na nosa web, segundo o avance do programa. Todos aqueles participantes confirmados contarán cun seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil durante o desenvolvemento das actividades, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas. Así mesmo, o G.N.Hábitat poñerá a disposición os recursos necesarios para poder desenvolver axeitadamente cada xornada.
Contamos contigo!