
Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, celebrará o vindeiro sábado, 1 de outubro, o seu XXXV Curso de formación de coordinadores e coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Desta volta, a xornada formativa dedicarase ao mexillón de río e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais. O curso impartirase na UNED de Lugo e as prazas son limitadas.
A charla “O mexillón de río (Margaritifera margaritifera)” será impartida pola bióloga Catuxa Varela Dopico, que pertence ao grupo de investigación de Conservación de Peixes e Moluscos Grupo (CoPeMol) da USC.
Tras a charla, persoal técnico de Proxecto Ríos de ADEGA guiará unha saía ao río Miño para mostrar como se capturan e identifican os macroinvertebrados bioindicadores da calidade fluvial.
O programa do curso será o seguinte:
- 10.15 Recepción e entrega de material Estado do Proxecto Ríos
- 10.30 Novas do Proxecto Ríos
- 11.00 O mexillón de río (Margaritifera margaritifera), Catuxa Varela Dopico (Grupo CoPeMol da USC) Bióloga do grupo de investigación de Conservación de Peixes e Moluscos
- 12.00 Descanso
- 12:15 Saída ao río: identificación de macroinvertebrados
- 14.30 Clausura do curso
Dende o Proxecto Ríos de ADEGA ofrecemos ao voluntariado ambiental a oportunidade de participar neste curso da man de persoal experimentado. A actividade conta co financiamento de Augas de Galicia.
Para inscribirse manda un correo a ramses@adega.gal ou chama ao 616 238 050.