Aberto o prazo de inscripción para unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo

Ábrese o prazo de inscrición para a XI edición da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO. O proxecto faise maior dende o apego á natureza e patrimonio.

PARA QUEN
Pódense anotar nenos e nenas de Carballo que cursen 3º, 4º, 5º ou 6º de educación primaria.

CANDO E ONDE

A Escola Ambiental celébrase os sábados dende Novembro a xullo, principalmente en horario de mañá e nas instalacións do Espazo da Natureza de Oza (Oza-Carballo). Tamén temos sesións no medio e excursións nos diferentes espazos naturais de interese da comarca e fora da mesma.

TIPOS DE ACTIVIDADES

Dentro das actividades da Escola Ambiental celébranse diferentes tipos de accións ou actividades como o traballo na horta ecolóxica, obradoiros de pegadas e indicios, pernoctas ao aire libre, obradoiros de arranxo de bicicletas, xornadas ornitolóxicas, sendeirismo…

ONDE ME ANOTO

Pódes facer a túa preinscrición na Libraría Clarión ( Rúa Valle Inclán de Carballo) ata o vindeiro 16 de novembro.

AS PRAZAS SON LIMITADAS e por orde de inscrición.

Máis info:  sendanova@hotmail.com       611037617      611037614

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s