Pasarela sobre la duna de Sta. Cristina: Conflicto e impactos

A proposta da Xunta de Galicia de construir unha pasarela (peonil e ciclista), que comunicaría As Xubias e Santa Cristina, é de novo noticia de actualidade. Segundo recollen estes días varios medios de comunicación, os responsables autonómicos de Infraestructuras desta administración teñen previsto licitar o concurso do proxecto e da obra, de xeito conxunto, o vindeiro mes de novembro

“La Xunta licitará el próximo mes la pasarela de Santa Cristina” (La Voz de Galicia. 13/10/2022. Ligazón á nova: https://bit.ly/3SqngVZ)

La Xunta mantiene su plan de licitar la pasarela de Santa Cristina en noviembre” (Cadena SER. 15/10/2022. Ligazón á nova: https://bit.ly/3z8VWVz)

O proxecto suporía a instalación dunha nova estrutura sobre a bocana da ría do Burgo, duns 800 metros de lonxitude e cun coste estimado de 8 millóns de euros, financiados con cargo aos fondos europeos Next Generation. Non tardaron en alzarse as voces a favor e en contra desta iniciativa, incluidos os propios concellos da Coruña e Oleiros, con discrepancias e argumentacións centradas principalmente nos ámbitos da conectividade, a mobilidade sostible, así como a conservación do patrimonio natural e da paisaxe. Neste sentido, e co obxectivo de poñer novamente esta cuestión enriba da mesa e falar do conflito, os impactos ambientais e a conveniencia desta inversión de fondos públicos, contaremos de novo co Dr. Rafael Carballeira Coego, coñecedor desta contorna, quen nos contará polo miúdo todo o que rodea a esta proposta.

Rafael Carballeira Coego – Doutor en Bioloxía pola Universidade da Coruña. Centrou a súa actividade investigadora na botánica e ecoloxía de microalgas (diatomeas) en zonas húmidas costeiras galegas. Actualmente traballa como investigador nas universidades de Santiago de Compostela (departamento de Edafoloxía) e na da Coruña (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas) no seguimento do estado ecolóxico das turbeiras e encoros, respectivamente.

O relatorio, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro mércores 26 de outubro, ás 20:30hno local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-. Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

Formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público de xeito presencial, xa que teremos a oportunidade de ter en persoa connosco ao relator. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Se queres ampliar a información, convidámoste a ver de novo a tertulia “Luces e sombras da pasarela das Xubias a Santa Cristina” que desenvolvimos o pasado 6 de xuño.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s