Verdegaia oponse ó acordo de pesca entre a UE e Marrocos

Verdegaia súmase ás voces que piden parar o acordo de pesca entre a UE e  Marrocos. A comezos deste mes, os embaixadores dos 28 estados membros da UE déronlle o visto e prace a un novo acordo de pesca con Marrocos, a pesar de que no ano 2011 o Parlamento Europeo anulara a prórroga do…

Nova apertura ilegal da lagoa da Frouxeira

Ante a crítica e absurda situación xerada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza en 2009 polo sangrado do humidal da Frouxeira, o Parlamento de Galiza, no acordo subscrito no ano 2010, instaba á Xunta a non autorizar de maneira preventiva novas aperturas da lagoa sen aprobar antes un Plano de conservación para o espazo…

Nunca máis, manifestacións 1 de Decembro

Co obxectivo de canalizar a indignación e a carraxe da sociedade, a Plataforma Nunca Máis, da que fai parte a FEG, ven de convocar diferentes manifestacións ó longo do noso territorio para o vindeiro 1 de Decembro.  

II promoción Escola de Naturalistas 2013-2014. NATURALÍSTATE

Se tes curiosidade pola natureza e ganas de aprender un pouco máis sobre ela, esta é a túa oportunidade. A Escola de Naturalistas é unha actividade realizada polo Grupo Naturalista Hábitat dende o ano 2009, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, e resúmese en aprender a escoitar, ver e identificar os elementos que compoñen a biodiversidade galega. ….

Faladoiro sobre dereitos de animais este xoves 21 ás 20:00h

O núcleo comarcal de Verdegaia-Compostela organizamos este vindeiro xoves 21, ás 20h,  un faladoiro sobre dereitos animais. Contaremos para isto con Susana Romero, da asociación Abeiro. O lugar será o noso local, partillado coa Troita, no baixo da rúa Pombal, número 18. Agardámosvos. P.S. Haberá petiscos!

Encontros naturalistas Hábitat: As gaivotas das mariñas coruñesas

Nos Encontros Naturalistas de novembro contaremos coa inestimable experiencia do ornitólogo Xabi Varela en identificación de gaivotas e diferenciación de idades polas plumaxes. Haberá unha charla no local do grupo o xoves 28 de novembro ás 20:30 h, e unha saída práctica polos arredores de Coruña posiblemente o sábado 30 de novembro (a saída concretarase…