Nauta Sanxenxo, a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo desta localidade vén de solicitar permiso da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para colocar un dique perpendicular á praia de Carabuxeira, de 100 metros de longo de formigón armado, para corrixir a alteración hidrodinámica que o porto deportivo de Sanxenxo exerce sobre este…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Carta aberta da APDR ao presidente do PP de Pontevedra
Sr. Domínguez: Non deixa de sorprendernos Vde. coas súas declaracións sobre a situación da empresa ENCE; porque non alcanzamos a entender que diga defender a legalidade por riba de todo e esixa, aotempo, a permanencia da empresa en dominio público marítimo-terrestre, unha permanencia expresamente prohibida pola Lei de Costas como se encarga de lembrar a…
ADEGA insta á Deputación de Ourense a suspender a organización do Rally Hispania no Macizo Central
O Servizo de Patrimonio Natural de Ourense vén de confirmarlle a ADEGA que nin a Deputación de Ourense nin a empresa promotora do evento teñen autorización ambiental para celebrar o vindeiro mes de outubro o “Rally Hispania” en Zona de Especial Conservación ZEC Macizo Central e Rede Natura 2000. A celebración do evento “Rally Hispania”,…
Froxán: deseucaliptiza conosco o 21 de agosto
O SÁBADO 21 de AGOSTO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para avanzar nunha nova frente tombando e descascando eucaliptos ao pé do regueiro da Costa. No final faremos foto de familia e pedímosvos que, se as tedes, traiades as vosas camisolas brigadistas. Se aínda non tes a túa, avisade da talla con antelación (xa non…
Carta aberta da “APDR” aos comités de empresa de ENCE
Despois da vosa lamentábel actuación no pregón das festas da Peregrina, un boicot que -como xa dixemos daquela- sitúavos claramente en contra da cidadanía de Pontevedra, dirémosvos que os vosos intentos por xustificala, resultan absolutamente noxentos, un auténtico insulto á intelixencia e unha nova agresión á cidadanía! Despois dun enfrontamento coas autoridades municipais e coas…
A FEG considera imprescindible a presenza ecoloxista na Comisión de Calidade do aire de Galiza
Recentemente someteuse a trámite de audiencia o Proxecto de Decreto polo que se crea a Comisión de Calidade do Aire de Galicia, esta comisión instituirase coma órgano colexiado de asesoramento da Xunta de Galicia e ten como primeiro obxectivo traballar na mellora da calidade do aire de Galicia. Teoricamente “pretende ser un espazo transversal para…
ADEGA Lugo presenta as Xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”
A cidade de Lugo acollerá un ano máis as xornadas de verán “Os catro elementos”, na que a través de andainas recoñeceremos a vexetación característica da zona de Bosende, as constelacións protagonistas do ceo nas noites de verán, as aves que habitan nos ceos da cidade e faremos un percorrido polas zonas de baño históricas…
ADEGA esixe ás eléctricas que devolvan o cobrado en exceso polos Custos de Transición á Competencia
ADEGA, xunto con Greenpeace, FACUA, Transición Verde e Economistas Frente a la Crisis iniciaron os trámites para reclamar diante dos tribunais a débeda pendente de liquidar das empresas eléctricas cos consumidores/as que pode oscilar entre os 1.500 e 2.800 M€, derivada dos Custes de Transición e Competencia (CTC). Este proceso presentouse no día de onte,…
Valoración de urxencia da APDR sobre a anulación da prórroga a ENCE
Á espera do fallo da Audiencia Nacional sobre o recurso presentado pola nosa Asociación contra a prórroga concedida a ENCE no ano 2016 (un fallo que en calquera caso será semellante ao que agora valoramos), desde a APDR queremos expresar a nosa inmensa ledicia polo fallo do amentado Tribunal no recurso presentado no seu día…
Voz Natura, Asociación Vaipolorío
Graciñas ó Programa VOZ NATURA e a FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE por apoiar estes 11 anos os proxectos de Vaipolorío para o RÍO GAFOS.
A Xustiza condena a Xunta por negarlle a ADEGA o acceso a expedientes sancionadores sobre plantacións ilegais
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de ratificar a sentenza do Xulgado contencioso-administrativo nº 2 de Lugo polo que se admite a demanda de ADEGA contra a resolución da Consellaría de Medio Rural que denega á asociación ecoloxista ser parte interesada en dous procedementos sancionadores relativos a plantacións ilegais de eucaliptos no…