Semanas despois de ser emitida a Declaración Ambiental Estratéxica (DAE), non se teñen noticias das modificacións solicitadas para a nova redacción da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia

No Anuncio do 3 de xuño de 2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, fixo pública a DAE correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, cara a neutralidade carbónica. Nesta declaración faise un severo reproche á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación…

A APDR considera inadmisíbel o informe presentado onte por ENCE

Recollen os medios de comunicación o resume dun Informe presentado por ENCE para tratar de xustificar a súa permanencia en Lourizán, un Informe que entendemos non é máis que un novo intento de chantaxear á poboación e ás distintas administracións para tratar de conseguir por esta vía algo que a Lei prohibe expresamente, a permanencia…

Fragas do Eume: recurtando a Rede Natura para facer sitio ao negocio eólico

O parque eólico Pena do Corvo, ás portas das Fragas do Eume, pretende situarse nunha área de ampliación da RN2000 que Feijóo ten conxelada dende 2011. Non sorprende que sexa de Iberdrola… Este proxecto eólico, un da ducia longa (e contando) que ameazan a comarca do Eume-Ortegal, ten unha especial significación por situarse a escasos…

Obradoiro de iniciación á fotografía de natureza con cámaras “brigde”

Se es un apaixonado da flora e fauna e queres sacarlle un bo rendemento a túa cámara compacta, este domingo tes unha estupenda ocasión para iniciarte nunha actividade que combinará dous fermosos eidos: a fotografía e a natureza. Guiados por Xabier Prieto Espiñeira, avezado naturalista ferrolán e autor do blogue “Bichos e demais familia“, coñeceremos…

As organizacións ecoloxistas queremos participar no observatorio da eólica mariña criado pola Xunta

ADEGA, CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, FEG (Federación Ecoloxista Galega), Grupo Naturalista Hábitat, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía) e Verdegaia vimos de solicitar á Xunta a inclusión dunha representación do ecoloxismo galego no “Observatorio da eólica mariña”. O pasado 9 de xuño a Xunta anunciaba a…

Unha plantación de eucaliptos dana gravemente un castro en Alfoz mal catalogado

ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron denuncia perante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural  por mor dos posibles danos ocasionados no xacemento arqueolóxico do Castro da Croa de Montoxo (Alfoz – Lugo), durante a realización de traballos forestais de corta e replantación de eucaliptos. Ao visitaren o xacemento, ADEGA e Mariña Patrimonio comprobaron que se abriran…

Eólica mariña: outra volta o carro diante dos bois

Xa están en tramitación dous parques eólicos (Iberdrola) fronte á costa galega, mesmo denantes de existir unha planificación do sector enerxético no mar. Nen sequera agardaron á aprobación do POEM (Plano de Ordenamento do Espazo Mariño) que nestes intres tramita o Ministerio, e que aliás da enerxía atinxe a outras moitas actividades e usos que…

Campaña 2021 – Vacaloura (Lucanus cervus)

Un ano máis xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016”. Levamos máis de 400 citas nas 4 provincias galegas que nos permitirán seguir…

ADEGA pide a caducidade dunha megacentral de bombeo de FENOSA na Limia

En 2017 o Estado emitiu declaración favorábel ao proxecto de GN-FENOSA (hoxe Naturgy) de unir os encoros das Cunchas e Salas mediante unha central de bombeo en caverna. Pasados 4 anos sen realizar o proxecto, a empresa pide prorrogar a Declaración de Impacto Ambiental. Eis as razóns polas que ADEGA se opón: Unir os encoros…