ADEGA pide a caducidade dunha megacentral de bombeo de FENOSA na Limia

En 2017 o Estado emitiu declaración favorábel ao proxecto de GN-FENOSA (hoxe Naturgy) de unir os encoros das Cunchas e Salas mediante unha central de bombeo en caverna. Pasados 4 anos sen realizar o proxecto, a empresa pide prorrogar a Declaración de Impacto Ambiental. Eis as razóns polas que ADEGA se opón: Unir os encoros…

Froxán Roga o 3 de Xullo: Recuperación do Bosque autóctono

O SÁBADO 3 de XULLO as Brigadas retoman os traballos de consolidación do bosque nativo na contorna da Casa da Susana, onde crianzas e familias plantaran en 2017 centos de árbores, na  Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame). A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un…

Marcha contra celulosas: domingo 4 de xullo. Fóra Xa!

Logo dun tempo no que, por prudencia e responsabilidade, mantivemos un nivel de mobilización reducido, chegou o momento de retomar a presión social nas rúas para esixir o que é xa un desexo xeneralizado dunha ampla maioría da poboación da comarca. Baixo o lema “FÓRA DA RÍA XA!”, unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS partirá das…

Froxán: a roga continúa o 19 de xuño

O SÁBADO 19 de XUÑO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de consolidación de traballos de deseucaliptización de convocatorias anteriores xunto con traballos de recuperación do patrimonio cultural que acolle o monte. As prazas son limitadas. Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 9:30 da mañá…

A Xustiza tumba a “cidade deportiva” do Celta

O xulgado contencioso nº3 de Pontevedra acaba de fallar contra as instalacións deportivas do Celta construídas en terreos rústico de especial protección forestal en Mos. A maxistrada revocou a licencia municipal e declarou a cidade deportiva non conforme a dereito. A Comunidade de Montes de Tameiga declárase satisfeita coa sentenza, xa que ven a darlle…

12 de xuño: desacaciamos o monte San Lois

O SÁBADO 12 de xuño as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez sobre o monte San Lois (Noia), terras da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de San Lois onde se pretende erradicar a praga da acacia negra (Acacia melanoxylon) que asola a comarca. O monte San Lois ten un gran valor natural e paisaxístico e inténtase…