O manifesto Eólica, Así Non, reclama a paralización inmediata dos proxectos eólicos en tramitación e un novo modelo eólico. Uns 50 colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza, entre organizacións convocantes e adheridas, fan un chamado a toda a sociedade galega para que participe na Gran Marcha contra a invasión eólica de Galiza que terá…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
“Non é noso nin o que é noso”
O pasado 26 de maio tivo lugar a cuarta das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”, que organiza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Este encontro quixo dar voz aos colectivos de persoas afectadas por algúns dos parques eólicos en tramitación, contando coa participación de Carlos…
Lamentáblemente continúan os vertidos ao Lérez
A mediados do pasado mes de abril, desde a APDR denunciabamos un escandaloso vertido de fecais ao río Lérez á altura do mercado municipal, un vertido que non era novo, que viña repetíndose desde algún tempo atrás sen que se tivesen tomado medidas para a súa eliminación. Sabemos que, a raíz da nosa denuncia no…
Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, Campaña de crowdfunding contra os megaproxectos eólicos
A transición enerxética cara a un modelo baseado en renovábeis é un compromiso ineludíbel. Esa transición debe ser xusta, socialmente distribuída e respectuosa coa biodiversidade, a xeodiversidade e a paisaxe. Mais non está sendo así. Esta campaña de crowdfunding pretende impulsar iniciativas xurídicas que sirvan para evitar un modelo baseado en megainstalacións; dará asistencia técnica…
Caso Eume: alén da multa, Augas debe investigar se houbo delito e declarar caduca a concesión
Desde ADEGA-Ferrolterra queremos expresar, a nosa valoración sobre a resolución do expediente sancionador de Augas de Galicia por mor da contaminación do río Eume sufrida o pasado mes de agosto en pleno Parque Natural Fragas do Eume, pola neglixencia de Endea na xestión do encoro da Capela: A resolución do expediente administrativo non resolve a…
Hábitat participa na 1ª Semana Ibérica sobre Especies Invasoras
Do 29 de maio ao 6 de xuño terá lugar a 1º Semana Ibérica sobre Especies Invasoras (SIEI 2021), iniciativa organizada pola Red Portuguesa de Estudo e Gestão de Espécies Invasoras – Rede InvECO, e os proxectos LIFE STOP Cortaderia e LIFE INVASAQUA, co obxectivo de poñer o foco nunhas das principais causas de perda…
Asina o manifesto “Salvemos o Macizo Central” contra o parque eólico de Rebordechao
Salvemos O Támega – ADEGA Monterrei publica este 23 de maio o manifesto “Salvemos O Macizo Central” co obxectivo de dar a coñecer, concienciar e denunciar publicamente a gravísima ameaza que o Parque Eólico de Rebordechao supón para o Macizo Central, o seu valiosísimo patrimonio natural e cultural, pasando polas posibles repercusións na saúde e a influencia negativa na economía…
O Grupo Ecoloxista ADENCO pon en marcha unha revista cultural
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén tirar do prélo unha nova publicación, concretamente unha revista cultural que pretende pór en valor o patrimonio da nosa comarca. A revista, en formato físico e electrónico, con versión extendida nas redes sociais, onde se ampliará o contido de cada número, tirando do fío de cada historia, estará a disposición…
5 de xuño: Mondariz Balneario brigadista
En Mondariz-Balneario seguimos botándonos ao monte. Na roga do sábado 5 de xuño, día mundial do ambiente, actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 xa fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos xestas, eucaliptos e silveiras invadiron de novo o terreo….
Os megaparques eólicos son un golpe para a economía rural galega
O pasado 20 de Maio tivo lugar a terceira das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”, que organiza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). O encontro centrouse sobre os impactos socioeconómicos dos macroproxectos eólicos e contou coa participación de Xavier Simón, responsable do Observatorio Eólico de…
Veciños de Tameiga e traídas de augas solicitan a retirada da Cidade Deportiva do Celta da Bienal de Arquitectura
A selección da Cidade Deportiva do Celta para formar parte dos finalistas da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) é unha noticia difícil de acomprender para boa parte da veciñanza de Mos. A Asociación de Veciños da Portela e as traídas de augas integradas na plataforma ‘A Auga é Vida’ sumáronse ás peticións…
Día Mundial da Diversidade Biolóxica: O desleixo de Feijóo condena á nosa biodiversidade máis ameazada
Este 22 de maio é o Día Mundial da Diversidade Biolóxica. En ADEGA queremos facer repaso ao estado da biota galega, centrándonos na situación das especies máis ameazadas. Este ano o lema que propón a ONU é “Somos parte da solución” en referenza ao imprescindíbel compromiso da sociedade coa conservación e recuperación da diversidade natural….