Pesar polas recentes mortes, indignación pola incompetencia da Xunta e orgullo pola actuación da veciñanza Cinismo sen límites: a culpa é de Portugal e de Ofelia Para ADEGA as causas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas precisas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas. A pregunta…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Por e para que arde Galiza?
Primeiro, a culpa é de quen pon a chama e prende o lume, mais se non houbera combustíbel non ardería nada. Con isto queremos dicir que ademais da cuestión da culpabilidade concreta no inicio dos lumes, a política forestal está a ser neglixente. Para determinar o primeiro é precisa calma e unha investigación xudicial, para…
ADENCO presenta as actividades das XXVIII Xeiras Micolóxicas do Condado
As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano a súa vixésimo oitava edición, realizándose de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo en 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades abertas…
A imposibilidade legal de prórroga á planta de SOLVAY afecta a continuidade de ELNOSA
De acordo coa información recollida polo DIARIO MONTAÑÉS o pasado 26 de setembro, o goberno de Cantabria ten denegado a prórroga solicitada pola cloreira Solvay en Torrelavega para adaptar a empresa á nova tecnoloxía libre de mercurio, unha prórroga que -desde o primeiro momento- o goberno cántabro tiña decidido conceder. Solvay pretendía manter a produción…
A Confederación Hidrográfica multa ao concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido esta semana notificación da sanción imposta aos Concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do río Tea. Estas actuacións, denunciadas por ADENCO en decembro de 2016, foron realizadas, segundo consta na Resolución, sen autorización administrativa da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A presente sanción ao Concello de Ponteareas,…
760 persoas en 49 concellos retiran máis de 10 toneladas de lixo dos ríos galegos
Fomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean…
Verdegaia e outros colectivos ambientais presentan alegacións ao Plan Básico Autonómico (PBA)
O Plan Básico Autonómico é un instrumento que debidamente configurado podería ter unha influencia fundamental na futura evolución de Galiza. Con este Plan poderían trazarse as liñas básicas de actuación para a adecuada utilización do solo, da enerxía e dos materias, de tal xeito que se minimicen os efectos do cambio climático, se preserven en…
Lei de iniciativas empresariais: o PP dá patente de corso a mineiras e eléctricas para asaltaren o territorio
Comunicado de imprensa da Alianza Rural Galega (ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM) O PP vén de presentar no Parlamento pola vía de urxencia a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galiza. A norma é un auténtico caixón “desastre” que modifica pola porta de atrás outras disposicións (como as famosas…
Non ao campo de golf de Barredo (Baiona)
A Asociación Pola Defensa da Ría, solidarízase coa loita da veciñanza de Baredo (Baiona) contra a pretensión municipal de expropiar terreos comunais para construír o que sería o maior campo de golf da provincia de Pontevedra (350.000 m2), creando un ambiente “axardinado” artificial que afectaría negativamente aos emblemáticos enclaves naturais de Chan da Lagoa e…
A APDR presenta alegacións á revisión da AAI de Elnosa
O pasado día 1 de setembro, APDR presentou alegacións á revisión da AAI de ELNOSA coa que a fábrica de cloro-álcali pretende permanecer en Lourizán máis alá de xullo de 2018, data na que caduca a súa concesión en terreos de dominio público marítimo-terrestre. Logo dun extenso razoamento sobre os antecedentes da fábrica, no que…
Proxecto mineiro de Touro: apaña o cobre e corre (outra vez)
A explotación do cobre en Touro resucita para aproveitar o alto prezo do metal empurrado pola demanda asiática. Sobre a paisaxe luar das explotacións históricas abandonadas, o novo proxecto nen resolve vellos problemas nen garante solucionar os novos. A empresa Cobre San Rafael SL ten a concesión de explotación do xacemento “San Rafael” (O Pino…
A APDR resposta ao vicepresidente da Xunta, sr. Rueda
Chaman a atención as recentes declaracións do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Sr. Rueda, nas que afirma que “A XUNTA DARÁ AS AUTORIZACIÓNS PRECISAS A ELNOSA SE CUMPRE COA LEGALIDADE”. Diríamos mellor que, o que realmente chama a atención é que o Sr. Rueda sinta a necesidade de facelas. Nun país normal, no que o…