ADEGA cuestiona a satisfacción da Xunta ante o anuncio dos resultados do novo censo das poboacións de lobo en Galiza, parabenizándose a si mesma de ter aumentado en tres grupos máis con respeito ao anterior censo (2015). Dado que se trata dunha especie protexida, incluída na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
27D: Tradicional “Roga de San Silvestre” en Froxán (Lousame)
Este ano as Brigadas voltan a xuntarse en Froxán (Lousame), para a tradicional “Roga de San Silvestre”, na que poderedes graxear e poñervos en forma restaurando o bosque nativo. Este ano a contraprogramación festiva fai que non puidésemos marcar a convocatoria en fin de semana, máis agardamos que moitas de vós aínda vos acheguedes o martes 27 de decembro,…
Comezo da XI promoción da Escola de Naturalistas!
Aínda lembrando todos os bos momentos compartidos cos compañeiros da pasada edición da Escola e xa comezamos unha nova promoción de Escola de Naturalistas, que chega á súa décimo primeira edición. Escola de Naturalistas é unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas…
O PRUX das Fragas do Eume, certifica o desleixo da Xunta pola conservación deste emblamático Parque Natural
Con 25 anos de retraso a Xunta está a tramitar a principal ferramenta de xestión das Fragas do Eume, o PRUX (Plano Reitor de Uso e Xestión). Cómpre subliñar que este documento, obrigatorio por lei para cada espazo protexido, debería ter sido aprobado no prazo de dous anos logo da declaración do parque, isto é,…
ADEGA denuncia que a eólica mariña pretende ocupar áreas con hábitats protexidos vetadas á pesca de fondo
A recente protección da Comisión Europea de deterninadas áreas mariñas fronte á pesca de fondo semella non valer para as eólicas. Os valiosos hábitats de fondos rochosos con corais fríos obxecto de protección fronte a estas artes poden ser ocupados cos mortos, ancoraxes e liñas de evacuación dos parques eólicos mariños. O documento marco no…
Senda Nova pecha coa Vía Alcaianus o XI Outono en Marcha
O pasado día 27 celebrouse a última das andainas deste XI OUTONO EN MARCHA. Desta volta, os camiñantes amencían na meseta do Xallas, preto da lagoa de Alcaián. Estaban encargados de chegar a Carballo entrando a través do seu núcleo orixinario e seguindo as pegadas dunha antiga vía romana que uniría a meseta do Xallas…
O CES denuncia o vandalismo institucional polo valado protector das dunas de Baltar
As dunas de Baltar, na costa de Portonovo, foron protagonistas esta semán dunha intervención moi positiva para a súa protección por parte da Dirección Provincial de Costas. Consistiu na instalación de dous paneis sobre os valores da duna de Portonovo e un valado de separación da zona de piñeiros, xa no seu día arrebatada á duna,…
Eólica Así Non convoca unha nova gran mobilización para o 11D, Día das Montañas
Por segundo ano, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica…
G.N Hábitat, Avaliación da saúde do solo nunha granxa ecolóxica de vacún de leite
O vindeiro martes, 29 de novembro do 2022, terá lugar a xornada titulada “Avaliación da saúde do solo nunha granxa ecolóxica de vacún de leite en comparación coa finca experimental do CIAM.“, organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e o G. N. Hábitat en Casa Grande de Xanceda. Nela exporanse publicamente os resultados obtidos…
ADEGA denuncia á Xunta por presunta prevaricación e malversación na tramitación de parques eólicos de Greenalia
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de presentar denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de A Coruña contra a anterior Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría Traba, actualmente Secretaria Xeral de Industria da Xunta, por presunta prevaricación e malversación de fondos en relación á tramitación do…
26 de Novembro: Mondariz-Balneario Brigadista
Anótate até o xoves 23 de Novembro! En Mondariz-Balneario queremos seguir botándonos ao monte. Na roga do sábado 26 de novembro actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos toxo, xestas, mimosas, eucaliptos e silveiras invadiron de…
A Coruña acollerá unha xornada sobre limpezas ecolóxicas de praias, no centro Cultural Alexandre Bóveda o venres 25N
Coincidindo coa Semana Europea de prevención de Residuos, o vindeiro venres, 25 de novembro, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) celebrará unha xornada divulgativa titulada “Preservación dos mares a través das limpezas ecolóxicas” na cidade da Coruña, que estará aberta ao público xeral. O encontro, que conta co apoio económico do concello…