Esta fin de semana celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente; en Néboa Medio Ambiente nos gusta lembrar estas datas ainda que pensamos que o día de lembrarnos do medio natural que nos rodea non é cousa dun día senon de todos e cada un dos días do ano. Para celebrar esta data lles pedimos…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Isabel Risco e a Escola do Alprende no V AQUELARRE. Trae a túa basoira e as herbas do San Xoán
As meigas do Monte Neme preparan as súas basoiras para a xuntanza anual no Monte Neme, que se vai celebrar a partires das 22h do 17 de xuño no alto do balcón bergantiñá. No acto contaremos ademais coa presencia do historiador de Carballo Xan M. Fraga Rodríguez, un gran coñecedor da historia recente de Bergantiños,…
HÁBITAT presenta a Campaña 2022 – Vacaloura (Lucanus cervus)
Un ano máis xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016”. Levamos case 600 citas nas 4 provincias galegas que nos permitirán seguir afondando no coñecemento…
Galiza enche de novo a Praza do Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica
Na xornada de onte, con motivo do Día do Medio Ambiente, a Coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher de novo a Praza do Obradoiro cunha multitudinaria manifestación de persoas e colectivos que reclamaron un modelo enerxético alternativo para Galiza baixo o lema de “Temos Alternativa!. Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía por…
Luces e sombras da pasarela das Xubias a Santa Cristina
En datas recentes, diversos medios de comunicación comezaron a facerse eco dunha proposta da Xunta de Galicia dirixida á construción dunha pasarela (peatonal e ciclista) que comunicaría As Xubias e Santa Cristina. Unha nova infraestrutura que, previsiblemente, se establecería sobre a bocana da ría do Burgo, contando cuns 800 metros de lonxitude e un coste estimado de…
As organizacións ecoloxistas abandonan o consello galego de medio ambiente pola negativa da Xunta a debater a problemática eólica
A vogalía da Federación Ecoloxista Galega (FEG), xunto coa de ADEGA e a SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), representantes ecoloxistas no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, COGAMADS, vimos de comunicar á Presidencia deste organismo consultivo a nosa intención de non seguir participando nas reunións mentres non se debatan e voten no pleno…
Fragas do Eume: O Parque Natural Atlántico pior conservado
A piques de cumprir o seu 25º aniversario, este parque aínda carece de plan reitor de uso e xestión (PRUX). Na súa apresurada elaboración, a Xunta está a tratar como convidados de pedra ás entidades ecoloxistas, que son pesimistas respecto do futuro do parque. GRUPO NATURALISTA HÁBITAT, SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL, ADEGA, ASOCIACIÓN BETULA,…
Galiza mobilizarase o 5 de xuño por un modelo enerxético xusto, sustentábel, por e para o pobo
Galiza manifestarase o vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, baixo o lema “Temos Alternativa!”, por un modelo enerxético xusto e sustentábel e por unha enerxía por e para o pobo. A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 180 entidades e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza fixo un chamado hoxe, en rolda de…
Deseucaliptización no Monte Fontelo (Monte do estado), Ferrol, o 28 de Maio
Boas, brigadistas! Logo da primeira e exitosa actuación que tivo lugar en xaneiro, volven as Brigadas ao Monte Fontelo (tamén coñecido como Monte do Estado, por ser titularidade da base naval da Graña), o próximo sábado 28 de maio. De novo, por iniciativa das AV de Brión e San Filipe, coa colaboración das Asociacións Betula e Xeración, continuaremos cos traballos para…
4 de Xuño: Mondariz-Balneario Brigadista
En Mondariz-Balneario queremos seguir botándonos ao monte. Na roga do sábado 4 de xuño actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 xa fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos toxo, xestas, mimosas, eucaliptos e silveiras invadiron de novo o terreo. Desta volta…
V Aquelarre na Eira das Meigas
As meigas, preparadas para a chegada do solsticio de verán, velan meigallos para desenvolver no Monte Neme. A Eira das Meigas do mítico monte bergantiñá volverá a ser un ano máis, destino da reivindicación ambiental. O inmenso poder de atracción de Monte Neme levará a este balcón natural sobre o Atlántico a colectivos e persoeiros…
O Grupo Naturalista Hábitat participa na Celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000
O vindeiro xoves, 26 de maio, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, IBADER e EMALCSA, dentro do proxecto Life Fluvial, organizan unha xornada para celebrar o “Día Europeo da Rede Natura 2000”, cun programa centrado nas principais actuacións levadas a cabo en materia de recuperación ambiental de corredores fluviais. No marco desta convocatoria, dende…