Marcha contra celulosas: domingo 4 de xullo. Fóra Xa!

Logo dun tempo no que, por prudencia e responsabilidade, mantivemos un nivel de mobilización reducido, chegou o momento de retomar a presión social nas rúas para esixir o que é xa un desexo xeneralizado dunha ampla maioría da poboación da comarca. Baixo o lema “FÓRA DA RÍA XA!”, unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS partirá das…

Froxán: a roga continúa o 19 de xuño

O SÁBADO 19 de XUÑO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de consolidación de traballos de deseucaliptización de convocatorias anteriores xunto con traballos de recuperación do patrimonio cultural que acolle o monte. As prazas son limitadas. Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 9:30 da mañá…

A Xustiza tumba a “cidade deportiva” do Celta

O xulgado contencioso nº3 de Pontevedra acaba de fallar contra as instalacións deportivas do Celta construídas en terreos rústico de especial protección forestal en Mos. A maxistrada revocou a licencia municipal e declarou a cidade deportiva non conforme a dereito. A Comunidade de Montes de Tameiga declárase satisfeita coa sentenza, xa que ven a darlle…

12 de xuño: desacaciamos o monte San Lois

O SÁBADO 12 de xuño as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez sobre o monte San Lois (Noia), terras da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de San Lois onde se pretende erradicar a praga da acacia negra (Acacia melanoxylon) que asola a comarca. O monte San Lois ten un gran valor natural e paisaxístico e inténtase…

A FEG chama á manifestación do vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, contra a invasión eólica en Galiza

O manifesto Eólica, Así Non, reclama a paralización inmediata dos proxectos eólicos en tramitación e un novo modelo eólico. Uns 50 colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza, entre organizacións convocantes e adheridas, fan un chamado a toda a sociedade galega para que participe na Gran Marcha contra a invasión eólica de Galiza que terá…

“Non é noso nin o que é noso”

O pasado 26 de maio tivo lugar a cuarta das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”, que organiza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Este encontro quixo dar voz aos colectivos de persoas afectadas por algúns dos parques eólicos en tramitación, contando coa participación de Carlos…

Lamentáblemente continúan os vertidos ao Lérez

A mediados do pasado mes de abril, desde a APDR denunciabamos un escandaloso vertido de fecais ao río Lérez á altura do mercado municipal, un vertido que non era novo, que viña repetíndose desde algún tempo atrás sen que se tivesen tomado medidas para a súa eliminación. Sabemos que, a raíz da nosa denuncia no…