Numa cidade assistimos ao derrubo de estruturas e construção de outras novas, sem sabermos porque é necessário banir a história e apagar a nossa memoria coletiva. O impacto ambiental de cada nova construção é grande. Começa com a extração de pedras, para seguir com fabricação de cimento, transportes de mercadorias, e gasto de energia. Nestes…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
A FEG alerta sobre a proposición de Lei da Recuperación da Terra Agraria
A FEG ven de informar ante o Consello Forestal das ameazas desta proposta de lei, que ainda tratándose dun tema tan importante en Galiza coma é a conservación das terras de cultivo, só contou cun precipitado período de consulta e eleva as contradicións até o dereito á propiedade establecido na Constitución Española.
ENCE obrigada xudiacialmente a solicitar licenza municipal por obras
En numerosas ocasións (e dun xeito máis frecuente nos últimos anos), a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) ten denunciado a realización de obras no recinto fabril de ENCE, ao sospeitar que as amentadas obras carecían da preceptiva autorización municipal. En todos os casos dirixímonos ao Concello de Pontevedra e esiximos que, de…
Colectivos ecoloxistas, culturais e veciñais piden a paralización das obras da gasolineira de Ledoño (Culleredo)
O inicio das obras dunha gasolineira cerca do río Valiñas pon en perigo a biodiversidade do río e da Ría do Burgo ao verter continuamente terra na canle que chegará á Ría do Burgo. As verteduras ilegais desta obra, están a provocar alteracións no ecosistema do río e poñen en risco a súa fauna e…
Estudio de Mariposas Nocturnas
O próximo venres, 26 de febreiro do 2021, teremos con nós nun novo Encontros Naturalistas, a David César Manceñido González, que nos falará das bolboretas e avelaíñas, como estudalas, as amezas deste grupo faunístico e do seu traballo con avelaíñas na provincia de León. David César Manceñido González síntese atraído polas bolboretas e avelaíñas desde…
O futuro das electrointensivas na Galiza centra o nº 83 da Revista Cerna
ADEGA presenta o número 83 da Revista Cerna, a publicación sobre ecoloxía e medio ambiente en Galiza. Nesta edición faise un repaso por algunhas das centrais eléctricas máis contaminantes do noso país e as electrointensivas (industrias que representan o 34% do consumo eléctrico total de Galiza) que dependen delas, afondando no caso de Alcoa ante…
O novo Plano Forestal da Xunta: Máis eucalipto e menos consenso social que nunca
Con respecto á versión do Plan Forestal exposta publicamente en 2018, a norma agora en trámite no Parlamento afonda aínda máis no seu carácter produtivista e eucaliptizador, que pretende camuflar invocando a neutralidade climática e os obxectivos de sustentabilidade da ONU. A xustificación da Xunta é “incrementar a capacidade dos montes para absorber gases de…
A APDR denuncia novos vertidos na ría
Transcorridas apenas 72 horas desde que a Asociación Pola Defensa da Ría dera a voz de alarma pola existencia dun vertido na Ría á altura do paso elevado existente nas inmediacións da fábrica de celulosa, sorpréndenos un novo vertido, nesta ocasión no peirao das Corbaceiras, na zona onde se atopan unhas naves utilizadas por un…
Organizacións sociais contrarias ao Plan Forestal reuníronse co PSOE e BNG
Trala xuntanza mantida o pasado venres co grupo parlamentario do PP, representantes da fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais1 que se opoñen á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG) reuníronse o pasado 9 de febreiro, co PSOE e o BNG no Parlamento de Galiza. A representación da fronte estivo integrada, desta…
O lobo deixará de ser cazábel tamén en Galiza!
ADEGA cualifica de histórica a decisión da Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e de Biodiversidade que aprobou incluír o lobo na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o que suporía que a especie deixase de ser cazábel tamén en Galiza. E parabeniza á Asociación para a Conservación e Estudo do Lobo…
Manifesto pola protección do Lobo
Dende Verdegaia manifestamos o noso apoio ao Ministerio de Transición Ecolóxica e solicitamos que faga efectiva a inclusión do lobo (Canis lupus) na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE) tal e como se acordou o 4 de Febreiro de 2021 na Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidad en…
Asamblea anual da Federación Ecoloxista Galega
A Federación Ecoloxista Galega, FEG, engloba 11 colectivos tanto locais e comarcais como nacionais. A Asemblea anual celebrada durante o mes de xaneiro de 2021 aprobou renovar a súa Coordinadora, dar un pulo á Federación como punto de encontro do ecoloxismo galego, incorporar novos grupos e apoiar e realizar campañas e accións relacionadas tanto cos…